Lugo, 8 de marzo de 2018. O Goberno da Deputación abriu o prazo ata o 21 de marzo, inclusive, para solucionar posibles requirimentos do Ben Empregado 4, máis social. Está dirixido aos 2.000 lucenses que se inscribiron nos 186 novos postos xerados polo Executivo Provincial en todos os sectores. Está publicada en www.deputacionlugo.gal a listaxe das solicitudes incompletas para que os concorrentes corrixan erros ou deficiencias e continuar coas súas solicitudes. Poden facelo a través da Axencia de Colocación (oficina física ou https://deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl) ou ben nos rexistros provinciais.
Aquelas persoas que non figuren en dita listaxe é porque teñen toda a documentación en regra ou porque non son aptos para participar no proceso de selección por non cumprir os requisitos do posto. Rematado o prazo e revisada toda a documentación por parte dos técnicos da Axencia de Colocación da Deputación publicarase na www.deputacionlugo.gal a listaxe de candidatos admitidos, coa correspondente citación a entrevista, e excluídos. Transcorridos 10 días hábiles comezará o proceso de selección dos solicitantes aos 186 postos de traballo.
Máis social
Esta cuarta edición do Ben Empregado está dotada de 2,1 millóns de euros cos que o Goberno da Deputación asume todos os custos laborais durante un ano para a contratación de parados lucenses en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia. O Executivo da Deputación decidiu incluír melloras no Ben Empregado 4 para facelo máis social. Por exemplo, ás empresas ofreceulles unha primeira liña coa que financiarlles ao 100% os custos laborais pola contratación de novos traballadores no caso de seren desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables (persoas con problemas físicos ou psíquicos, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos, ex-drogodependentes ou persoas de etnia xitana). A segunda liña que lles propuxo consiste no financiamento do 50% dos custos laborais pola contratación de desempregados lucenses en xeral.
Son 19 as empresas que optaron pola primeira liña e que polo tanto recibirán cada unha un máximo de 22.000 euros da Deputación para a contratación de 19 lucenses no paro con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables. 128 decantáronse pola segunda liña e recibirán o 50% da axuda económica da Deputación para a contratación de 128 desempregados lucenses. Aos colectivos sen ánimo de lucro, o Executivo Provincial decidiu ofrecerlles o 90% da axuda económica cos que asumir todos os custos laborais dos novos traballadores co obxectivo de contribuír a súa actividade socias. Son 39 asociacións da provincia as que poderán contratar a 39 lucenses no paro.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



