Nesta última cita que inaugurou o alcalde, Alfredo Llano, e que moderou a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, participaron Nilda Borges, Ismael Awad e Antoinette Soler, que falarons das etnias nas redes sociais, sobre o racismo na lexislación española e sobre educación e inclusión.
Durante toda a semana, do 19 ao 23 de marzo, celebráronse obradoiros por e para a diversidade, impartidos pola investigadora social e creador de Afroféminas, Antoinette Torres Soler. Estiveron orientados a alumnado da ESO dos IES Monte Castelo e Pedouro e tamén para educadoras, educadores e profesorado dos distintos centros de ensino de Burela, como o que tivo lugar o venres. Ademais tamén houbo actividades nos Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme. Esta I Xornada de Análise da Pluraridade en Burela foi organizada pola Concellería de Cooperación e Inmigración.
