O Valadouro 14-3-18. A vindeira semana, no Valadouro estaremos a celebrar unha das FESTAS máis importantes de todo o ano para todos e cada un dos veciños e visitantes que se acheguen ata a nosa vila.
Este ano contamos con varias novidades como é a exposición de Pepe Blanco que estará na sala de exposicions da Casa da Cultura entre o 23 de marzo e o 27 de abril coa temática: “XURUCIDO E MARQUESADO: OS ZOQUEIROS DO VALADOURO”.
O pregón nesta ocasión correrá a cargo dunha recoñecida persoaxe valeca: LIONEL REXES que se celebrará no salón de actos da casa da cultura o venres 23 de marzo a partires das 21:30horas despois do pasarrúas con que vai amenizar Amado Lar por Ferreira.
Para rematar esta xornada, contaremos cunha exhibición de baile en zocas a cargo, tamén da Asociación Cultural Amado Lar ,nas taboas do Salón de Actos da Casa da Cultura.
Pasamos ao día grande do mercado, o sábado 24 de marzo, con moita actividade xa desde ben cedo coa apertura do mercado dos postos de venta ás 10:00horas e que durante toda a xornada estarán na rúa Andrés López Palmeiro.
As actividades orientadas para o público familiar e infantil ocuparán a meirande parte da xornada con espazos onde os pais poderán deixar os seus nenos para que coñezan os xogos tradicionais e os costumes de antes como é o ludo-enxebre na praza de Santa María ou mesmo aprender o arte da pesca da man da asociación de pescadores “Amigos do Ouro”, un paseo en cabalo ou mesmo xogos tradicionais a carón da piscina….
Como novidade este ano contamos cunha actividade de tiro con arco para todos os públicos no aparcadoiro da R/ Andrés López Palmeiro.
Xa pola tardiña contaremos con espectáculos infantís e familiares na carpa da Praza con actuación de títeres, contacontos, obradoiros musia….
Outra das novidades deste ano son os oficios tradicionais onde contaremos cunha pequena representación: Ferreiros, Zoqueiros, etc…
Tamén de novidade este ano está a concentración de coches clásicos e de vespas na Avenida da Veiga e no aparcadoiro municipal a carón da piscina.
Na mesma liña de outros anos están o xa mítico fotoenxebre que estrá ubicado na baixada da igrexa e a ruta de tapeo tradicional polo locales hostaleiros.
A nota musical enxebre estará co grupo do Valadouro MASEDA que van a deleitarnos cunha excelente sesión vermú para dar paso a parte dos distintos grupos de cantos de taberna ós pasarrúas de Festicultores Troupe.
Non podemos esquecernos do pasarrúas e da exhobición de baile rexional con que nos vai amenizar a asociación cultural Amado Lar desde ben cedo.
Un dos pratos fortes da xornada é o xa famoso:
“DESFILE TRADICIONAL” onde este ano contaremos con desfile de ZOCAS, ZOCOS e ROUPA TRADICIONAL onde se valorará cada unha das categorías para Home, Muller, Neno e Nena.
Despois de tanta actividade, a xornada rematará co concerto na Praza de “A Banda da Balbina” eo primeiro ZOCAN´ROLL do Valadouro co concerto do mítico grupo galego ASTAROT.
Preparade as zocas, as caiadas, os zocos… e as mellores galas para disfrutar dun evento inesquecible… non esquezas que tamén podes compartir con todos o teu selfie-enxebre relacionado con todas as experiencias e imaxes vividas neste ano 2018.
#MercadodePrimavera2018
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



