Mondoñedo, 5 de marzo de 2018.- Mondoñedo acolle esta fin de semana (sábado 10 e domingo 11) a XXIX Concentración Mototurística Ruta N-634 ‘A Invernal de Galicia’, coa que colabora o Concello, e que anualmente organiza o Motoclub Ruta N-634 da cidade.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quixo destacar a importancia desta iniciativa e o traballo dos 40 socios que integran o Motoclub Ruta N-634 de Mondoñedo, que preside Miguel Arias, e que cada ano organiza unha cita que atrae ata á cidade a centos de persoas que senten paixón polo mundo das motos.
O presidente do Motoclub Ruta N-634, Miguel Arias, lembra que foi no ano 1988 cando se constituíu en Mondoñedo un grupo de moteiros, dos que partiu a iniciativa de organizar unha concentración mototurística que este ano chega a súa 29 edición. Deste xeito, Mondoñedo converteuse na primeira cidade, xunto a Sanxenxo, na que se organizou este tipo de concentracións moteiras.
A edición celebrada o pasado ano congregou en Mondoñedo ata 400 inscritos e para este ano, segundo explica o presidente do Motoclub, as previsións son mellores “aínda que temos que ser cautos, xa que a asistencia depende tamén das condicións meteorolóxicas da fin de semana. Porén a día de hoxe as preinscricións son maiores que en pasadas edicións”. Así, Miguel Arias anima á xente a que participe da concentración de motos durante a fin de semana.
Programación
As inscricións aos participantes ábrense dende as 12:00 horas do sábado ata as 20:00 horas do mesmo día na Praza da Catedral. O programa de actividades inclúe para o sábado ás 17:00 horas unha exhibición acrobática por parte dos moteiros Jaque Stunt e Nelson Pina na Avenida de Bos Aires.
Xa as 19:00 horas, na Praza da Catedral, será a entrega de premios do Concurso de Debuxo, que organiza o Motoclub e no que participa o alumnado do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora. Os gañadores dos premios desta anualidade son Adriana Fernández Prado e Luís Gacio González, mentres que o accésit fallouse a favor de Shaila Pardo Rafael e Xulia Vigo Vázquez.
Ás oito da tarde dará comezo o desfile de participantes na concentración polas rúas de Mondoñedo, un acto que se organiza en memoria dos compañeiros falecidos durante o último ano.
Tras a cea, a partir das 21:15 horas no polideportivo municipal Viñas da Veiga, a orquestra Pontevedra será a encargada de pór a música na Praza da Catedral, e durante o descanso da actuación entregaranse e sortearanse varios premios e agasallos entre os participantes, como poden ser chaquetas, guantes ou outros elementos vencellados ao mundo das motos.
Por último, a xornada do domingo inclúe unha ruta turística pola costa da Mariña. A concentración rematará cunha comida despedida a partir das 14:00 horas.
Agradecementos
O presidente do Motoclub mindoniense agradece a colaboración de todas as institucións e organizacións implicadas no desenvolvemento da concentración, dende o Concello de Mondoñedo e a Deputación, ata Protección Civil e a Policía Local, así como a todos os comerciantes e negocios que colaboran coa iniciativa. Dun xeito especial, Miguel Arias, asegurou que “temos unha axuda moi boa por parte do Concello e moita sorte coa súa boa resposta tanto dende o punto de vista administrativo, como material e de infraestruturas”.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



