Cervo, 9 de marzo de 2018.- O Concello de Cervo vén de retirar a palmeira que estaba ubicada por detrás da Casa do Mar, á beira do patio da Escola Infantil Municipal, como medida de prevención; porque nos últimos tempos algunhas sementes que se desprendían caían caro ao interior; “e precisamente por motivos de seguridade, para evitar riscos de atragantamento, decidimos levar a cabo esa actuación”.
Así o explicou o rexedor, Alfonso Villares, quen puntualizou que non nos quixemos desfacer en ningún caso da árbore, que tiña máis de 15 anos, e, por este motivo, baixo asesoramento profesional, foi trasplantada á zona do paseo da Praia do Torno.
O alcalde estivo supervisando o resultado dos traballos, acompañado da edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e recordou que na zona da Veiga “tamén vimos de plantar cinco palmeiras de abanico dentro do plan integral de xardinería que estamos a levar a cabo desde o Concello de Cervo”.
O técnicos recomendaron asentar nestas zonas este tipo de árbores “xa que se aclimatan moi ben á primeira liña de costa, porque resisten perfectamente en ambientes de alta salinidade como é o caso de San Ciprián, que está rodeado polo mar; ao tempo que se adaptan a todo tipo de solo, máis o menos areoso; e o seu mantemento é moito menos custoso”.
Villares recordou que a aposta do Concello polas especies autóctonas é evidente xa que tamén estamos a levar a cabo un proxecto integral de reforestación de todos os montes de titularidade municipal con árbores do país.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



