Lugo, 9 de marzo de 2018. O Goberno da Deputación aproba destinar 300.000 euros de remanentes do Plan Único 2017 á realización de máis obras nos Concellos. Así o informou o Presidente, Darío Campos Conde, este venres logo de aprobar na Xunta de Goberno a reinversión de 150.000 euros de remanentes ao Concello de Lugo, tal e como solicitou a Alcaldesa, Lara Méndez López. Campos Conde explicou que este orzamento súmase a outros 150.00 euros xa aprobados en sesións anteriores, o que supoñen un total de 300.000 euros. Grazas á aprobación destes fondos, poderanse realizar 14 novas obras, que se engaden ás 246 xa contempladas no Plan Único, facendo un total de 266 actuacións. Trátase dunha cifra que previsiblemente irá aumentando conforme se adxudiquen o 100% dos traballos.
“Como vedes dende o Goberno seguimos a traballar para converter á Deputación na administración que máis inviste en obra pública na provincia, tanto de xeito directo, como a través dos propios Concellos. Somos a institución sobre a que descansa un dos piares fundamentais da economía da provincia, como é o da construción que é un dos motores de xeración de emprego máis importantes para a provincia”, apuntou.
O titular provincial lembrou que no 2017, a Deputación investiu máis de 30 millóns de euros para realizar actuacións en obra pública das que son preto de 20 millóns licitados, aos que hai que engadir os 13 millóns do Plan Único que contratan os municipios, pero que son fondos provinciais. Pola conta, a Xunta de Galicia que, a pesares de ter un orzamento 100 veces superior ao da Deputación, licitou 21,3 millóns de euros, case un 10 % menos que en 2016; e o Goberno Central 6.9 millóns, 124 menos que o ano anterior.
Listaxe de obras novas a executar: en Lugo, ampliación do saneamento nas Saamasas, Pavimentación en república Argentina e pavimentación en Avenida de Garabolos; en Trabada, acondicionamento e rexeneración de vias municipais de A Órrea e A Cadeira; en Burela: reposición de pavimento e marcas en Rúa da Estación; en Becerreá, pavimentación en Feira Vella, camiños Veciñais en Armesto, mellora de eficiencia enerxética en alumeado nas rúas Valgamarín, Caldeiro e Campo do Pacio e instalación dun cazo de limpeza de oscilación; en Cervantes, cerramento do edificio de servizos múltiples en San Roman e pavimentación e accesos nos núcleos de castelo de frades, Rionaval e Airoá; en Pedrafita do Cebreiro, mellora e pavimentación de camiños en Zanfoga e en Viveiro, reforzo do firme en Camiño Real da Costa, no núcleo urbano de Celeiro.
360.000 euros en estradas
A Xunta de Goberno adxudicou a contratación dos traballos de mellora da LU-P-1201, de Souto de Torres a Sobrado, con case 360.000 euros. Os traballos consistirán na adecuación do firme con aglomerado en quente, así como no incremento da seguridade da vía, instalando nova sinalización horizontal e vertical, dun treito de 2,4 quilómetros desta vía.
Impulso ás residencias
A Xunta de Goberno acordou hoxe varias medidas orientadas a impulsar a posta en funcionamento das residencias e centros de día. O Goberno da Deputación aprobou tramitar con carácter inmediato un Protocolo Xeral de actuación cos Concellos que se adhiran ao sistema de cooperación intermunicipal da rede de residencia da Deputación. Tamén se deu orde aos distintos servizos de que lle dean prioridade á tramitación administrativa para a posta en funcionamento coa maior celeridade posible destes equipamentos altamente demandados. Asimesmo, o Goberno da Deputación acordou demandar colaboración das distintas Administracións públicas, nomeadamente a Xunta de Galicia. A Xunta de Goberno acordou, ademais, tendo en conta un informe emitido pola Secretaría Xeral da Deputación, declarar a perda de condición de medio propio de SUPLUSA para a prestación de servizos sociais.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



