A actividade, concedida pola Xunta de Galicia a través do acordo de colaboración coa Fegamp, celebrarase o 25 de setembro na Casa do Forno, en Celeiro
Viveiro, 4 de setembro de 2026. O Concello de Viveiro impartirá o vindeiro 25 de setembro un curso de defensa persoal feminina na Casa do Forno, en Celeiro, unha actividade orientada a proporcionar ás participantes ferramentas e protocolos de actuación ante diferentes situacións de violencia de xénero.
A iniciativa desenvolverase no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
O curso terá lugar en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 14:00 a 20:00 horas e será impartido por persoal especialista en defensa persoal.
A formación combinará o adestramento físico e psíquico co obxectivo de facilitar ás participantes recursos que lles permitan establecer pautas e protocolos de actuación ante diferentes situacións relacionadas coa violencia de xénero.
Para participar non é necesaria unha condición física específica, polo que poderá inscribirse calquera muller interesada. As participantes deberán acudir á actividade con roupa cómoda.
As inscricións deberán realizarse na conserxería da Casa do Concello de Viveiro. Incripción vía telefónica no 982 550 421 ou presencialmente.
Desde o Concello de Viveiro anímase ás mulleres do municipio a participar nesta iniciativa formativa e de sensibilización, que contribúe a reforzar os recursos para a prevención e actuación fronte á violencia de xénero.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



