Foz, 28 de marzo de 2018. O piragüista focense Xoel García Neira recibiu un recoñecemento do Concello de Foz con motivo da súa recente proclamación como campión de España sub17 e subcampión sub 18. Ao acto, que se celebrou esta tarde nas instalacións do club Kayak, asistiron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, o concelleiro Ánxel Paleo e directivos do club Kayak, ademais de familiares e amigos do deportista, que recibiu unha figura de cerámica como recordo deste acto.
O rexedor municipal explicou que “o Concello de Foz quere felicitar a Xoel García recentemente consagrado como campión de España sub17 e subcampión xuvenil. É un deportista importante a día de hoxe a nivel nacional no piragüismo e desde o Concello de Foz dicímoslle que é un verdadeiro orgullo para todos nós, para os seus veciños, especialmente para os afeccionados ao deporte e para o club de piragüismo Kayak de Foz, xa que posiblemente sexa un dos maiores éxitos deste club, aparte de levar case 50 anos organizando unha das travesías máis antigas de Galicia. Este éxito deportivo de Xoel todos os que estamos cerca do Kayak sabemos que é moi importante”.
Javier Castiñeira engadiu: “que saiba que está arroupado por todos os seus veciños, que nos sentimos moi orgullosos e desexámoslle moita sorte nas próximas competicións, agora a nivel internacional. É un verdadeiro exemplo posto que compatibiliza as moitas horas de adestramentos no centro de alto rendemento de Trasona coa súa actividade académica, cos seus estudos. Está a conseguir os seus sonos e que saiba que estamos todos detrás dos seus éxitos e que lle desexamos moita sorte”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



