Lugo, 9 de marzo de 2018.- O Grupo Provincial do PP lamenta que a desconfianza que existe entre o presidente e o vicepresidente da Deputación, os dous do PSOE, levaran hoxe a Darío Campos a intentar tomar Suplusa pola forza, para quitarlle competencias sobre as residencias, pese a que a sociedade ten a encomenda de xestión desde o ano 2010.
Desde o PP critican que a deriva que ten tomado o Goberno socialista provoque, unha vez máis, un novo retraso na apertura das residencias da Deputación, en concreto das instalacións de Castroverde, pese a que hai máis de dous meses que conta co permiso de inicio de actividade (PIA) que outorga a Xunta.
Segundo informan os medios de comunicación Darío Campos propúxolle hoxe á Xunta de Goberno declarar a perda de condición de medio propio de Suplusa respecto da Deputación Provincial de Lugo para a prestación de servizos sociais, o que supón, segundo entenden os populares “intentar tomar Suplusa pola forza” e baleirala de competencias.
Desculpas aos traballadores
Exíxenlle a Campos que lles pida desculpas aos funcionarios de ambas as institucións aos que non está respectando, pese o labor que teñen desenvolvido ao longo de todos estes anos.
Os populares amosan a súa sorpresa ante a actuación de Darío Campos, cando onte mesmo non apoiaba a proposta do seu vicepresidente -e presidente de Suplusa- para ceder os terreos da residencia da Castroverde á Deputación. “Onte non quere que a Deputación asuma os terreos de Castroverde e hoxe quítalle todas as competencias das residencias a Suplusa para darllas á Deputación”, explican.
Dubida da súa propia xestión
Consideran tamén rechamante e froito da cerrazón política de Campos que el mesmo aluda a irregularidades na xestión de Suplusa, cando se refire a decisións que se tomaron pola unanimidade do Consello de Administración, do que el forma parte, polo que implicaría que se está a denunciar a si mesmo e poñendo en dúbida a súa propia xestión.
Os desencontros que manteñen os socialistas poñen en risco “unha vez máis” a apertura dos centros na provincia, o que os populares consideran “unha irresponsabilidade”. “Lamentamos que pretendan polos seus intereses persoais e políticos burlarse dos cidadáns de Lugo ao seguir paralizando a apertura das residencias a través deste tipo de decisións”, engaden desde o PP.
Así, a entrada en funcionamento da residencia de Castroverde volve quedar no aire, pese a contar con todos os permisos e a estar lista para a súa apertura. Os populares veñen advertindo desta situación desde hai tempo, polo que censuran que os veciños e veciñas de Lugo teñan que pagar os desaguisados dun Goberno provincial en descomposición no que non se fían uns de outros pese a ser do mesmo partido.
A falta de entendemento dentro do Grupo Provincial Socialista, que segue a ser evidente, vai manter paralizado o uso dunhas instalacións que custaron máis de 10 millóns de euros de fondos provinciais.




















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



