Lugo, 22 de marzo de 2018.- A Deputada do PSOE pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, defendeu este xoves no Congreso a Proposición non de Lei que o Partido Socialista presentou á Cámara, instando ao Goberno Central a dotar á provincia lucense de infraestruturas do século XXI. O PSOE conseguiu, co voto en contra do PP, que o Congreso apoiase a súa iniciativa.
Os acordos que presentou o Partido Socialista e aos que se sumou a maioría do Congreso para reclamar a súa execución ao Partido Popular, como formación á fronte do Executivo Estatal, son os seguintes:
1.- Que no prazo de 6 meses, haxa unha planificación na que se especifiquen as actuacións, prazos de execución e o presuposto correspondente para terminar as autovías pendentes na provincia de Lugo (A-54 entre Lugo e Santiago; A-56 entre Lugo e Ourense; A-82 ou A-74 entre Barreiros e San Cibrao; A-76 entre Ponferrada e Ourense; A-72 Chantada-Monforte) e se dote á mesma da conexión de alta velocidade e da imprescindible estación intermodal para a chegada do AVE.
2.- Que se aprobe un Plan de Mellora Integral das estradas de titularidade estatal na provincia (N-634, N-642, N-VI, N-540, N-547, N-640, N-120 e A-6); a mellora e o incremento dos servizos de tren con orixe e destino Lugo; a mellora e modernización dos servizos ferroviarios no conxunto do territorio lugués; e a execución do Plan de Reforzo da liña de FEVE Ferrolterra-Ortegal-A Mariña-Asturias.
Dobre lenguaxe e xogo do PP: nin unha soa mención ao AVE e a Intermodal
Pérez Herraiz destacou, por unha banda, “o dobre lenguaxe e dobre xogo do Partido Popular, pois en Lugo falan da conexión de alta velocidade e da intermodal e en Madrid non mencionan estas imprescindibles infraestruturas para o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia”. A Deputada fixo referencia, deste xeito, á emenda de modificación presentada polo PP, que textualmente apunta: El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a dotar los PGE2018 y sus correspondientes anualidades, la ejecución de las infraestruturas correspondientes a la Red de Carreteras del Estado en la provincia de Lugo para acortar a máximo los plazos de ejecución, así como las infraestructuras para mejorar la conexión con Lugo. “Nin unha soa mención ao AVE a á Intermodal”, remarco.
Falta de credibilidade: sen executar os fondos de anteriores orzamentos
Neste senso, e, en segundo lugar, a Deputada Socialista pola Provincia de Lugo subliñou a “absoluta falta de credibilidade do Partido Popular, pois manteñen sen executar as partidas económicas previstas e recollidas en anteriores Orzamentos do Estado para a execución das estradas pendentes na nosa provincia, retrasándoas ano tras ano. Un dos exemplos máis recentes é a A-54, que anunciaran para o 2015, cando a deixaron ata sen orzamento algún en 2013 e 2014, e agora pospoñen a súa finalización, no mellor dos casos, para o horizonte do 2022. Pero é máis, o Partido Popular, o propio Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, presentou un Plan de Estradas de 5.000 millóns de financiamento público e privado sobre o que dixo que era o plan que impulsará as infraestruturas viarias nesta lexislatura, deixando fóra do as estradas da nosa provincia, pois un dos seus condicionantes é que as infraestruturas formen parte da Rede Transeuropea de Transporte e as de Lugo non o están”.
Feitos do PP
Durante o debate no Congreso, Pérez Herraiz destacou que “entre os anos 2004 e 2011, as infraestruturas da provincia de Lugo tiveron un importante impulso. Pero a partir de entón, non só se retrasaron, senón que algunhas desapareceron da programación, como a estación intermodal cuxo proxecto estaba contratado, que este Goberno Central dicía no 2012 que os traballos seguían o seu curso e que no 2013 comprobamos que o proxecto estaba anulado dende abril de 2012”.
“En xaneiro de 2010, adxudicáronse os proxectos para a alta velocidade entre Monforte de Lemos e A Pobra de San Xiao. Para o treito de San Xiao e Lugo estaba encargada xa a avaliación para adaptar este treito á alta velocidade. Non sabemos que pasou con este traballo. O que si sabemos é que este goberno do PP agora di que vai a avaliar as actuacións na línea que permitirán mellorar os tempos de viaxe cando o AVE chegue a Ourense. A Ourense, non a Lugo”.
“Con respecto ás autovías, a única que realmente está en obras, aínda que con estremada lentitude, é a de Santiago. Tiñan previsto finalizala no 2015 e esta semana xa dixeron que no horizonte do 2022. Tamén anunciaron obras, xa moi urxentes, para a rehabilitación do firme na A-6 ou na N-642, pero non explicaron que teñen sen executar o presuposto para este fin de 2016 e 2017. Cero euros foi a súa execución”.
“As outros autovías seguen aparecendo nos orzamentos pero de forma absolutamente simbólica. A A-56 que une Lugo a Ourense, o treito entre San Martiño e A Barrela, segundo os orzamentos, tiña data de inicio de 2007 e de finalización no 2018. Parece claro que non se cumprirá. Nos orzamentos para 2017, figuraban para este treito 10 millóns e a 30 de novembro unicamente aparecen executados a metade e de dous treitos non se sabe absolutamente nada”.
“A conexión entre Barreiros e San Cibrao é especialmente importante polo número de persoas que viven na comarca e pola actividade económica e social que se realiza no seu entorno: Alcoa, actividade pesqueira, madeiristas… Para o ano 2017, tiñan un orzamento de 1.783.560 euros e a execución realizada a 30 de novembro foi de cero euros”.
“E da A-75, a conexión entre Ponferrada e Ourense, tiñan un orzamento de 400.000 euros e tampouco foron executados”.
“Na campaña de 2009, o señor Feijóo, presidente da Xunta, dicía que a conexión de Lugo de alta velocidade era tan importante, urxente e necesaria, que si ganaba as eleccións, feito que sucedeu, realizaría a conexión a Xunta de Galicia. Pero a conexión desapareceu da planificación do PP e agora xa nin lla reivindica ao Goberno Central”.
“A principios de 2010, os cargos electos do PP en Lugo, Ourense e León reuníanse para reclamar dotacións orzamentarias para a conexión entre Ponferrada e Ourense, cualificando as previsións dos presupostos de escasísimas. Naquel momento, o PP dicía que a situación económica era crítica, pero que lles parecía compatible con reclamar esa infraestrutura. Agora, o PP di que a economía vai moi ben, pero xa non se acordan de aquilo e agora consigan orzamentos moi inferiores, que nin os executan”.
“Dicían tamén, que era inxustificable o ritmo ao que ía o AVE a Galicia e a Lugo. Pero despois de sete anos de Goberno e, como din, de recuperación económica, o AVE a Lugo xa non vai lento, desapareceu”.
Necesidade de infraestruturas
Pérez Herraiz explicou que “a provincia de Lugo perde poboación. Dende o ano 2010 ao 2017, perdeu 19.870 habitantes. No 2017, vivían en Lugo 333.634 persoas e 121.853 cobraban unha pensión, é dicir, o 36,52%. Lugo mantén un produto interior bruto per cápita inferior ao conxunto de España. No 2015, o último ano do que hai datos provinciais, este foi en España de 23.271 e en Lugo 20.829. Na nosa provincia, os ingresos por pensións tamén no ano 2015 equivalen ao 21.71% do PIB mentres que en España esta porcentaxe é considerablemente inferior, 14,78%. Isto supón que na provincia de Lugo teñamos pouca xeración de recursos, pouca actividade económica. Para manter poboación é imprescindible ter actividade económica, a posibilidade de xerar recursos para vivir. Un factor determinante para esta actividade económica son as infraestruturas. Pero a provincia de Lugo está quedando atrás nesta materia o que supón un dobre problema, máis dificultades para xerar actividade económica e peor posición competitiva con respecto ás restantes provincias. Lugo precisa de infraestructuras semellantes ás de outras provincias para poder acceder tamén en condicións semellantes ás posibilidades de desenvolvemento económico e competitivo”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



