Burela, a 31 de marzo de 2018.- “Coas mocións que presentamos de caro ó pleno que se celebra este vindeiro luns, veremos se o alcalde e o seu grupo están realmente pola transparencia, pola labor de favorecer os servicios sociáis e de comenzar a planificar o que eles mesmo anuncian”.
Así se manifestou hoxe o Grupo Municipal do PP (GMP) burelés anunciando a presentación de dúas mocións, unha delas solicitando a debida regulamentación da venda de entradas dos eventos que organice o Concello e os pagos que se efectúen con cargo ás mesma, de cara a garantir a trazabilidade e a cadena de custodia dos cartos que se recauden e que posteriormente se abonen polo eventos realizados. “Entendemos que así se dá un paso máis no réxime de transparencia”, engaden.
A segunda moción pretende que o goberno municipal elaborare un proxecto técnico e presuposto para acometer con cargo ós presupostos municipáis actuacións na escola infantil de Vista Alegre, como illamento das ventanas, sustitución do chan do patio dos nenos 0-2 por chan de caucho ou goma, e reposición ou reparación do valado perimetral, que serían sufragadas coa dedución do seu importe da contía que ó Concello lle corresponde abonar polo funcionamento da indicada escola infantil.
A este respecto, os populares indican que “a escola infantil de Vista Alegre xa leva anos funcionando, vai para vinte a primeira fase, e algo máis de dez a segunda, e precisa actuacións que deben facerse con celeridade. O Concello debería ser o primeiro interesado en que se efectúen tales actuacións con rapidez, existindo o mecanismo que sinalamos para, por un lado ganar celeridade, e por outro que non lle supoñan custo ó concello”.
Ademáis, o Grupo Municipal do PP presenta unha enmenda á proposta de actuacións a incluir no Plan Único da Deputación que propón o alcalde: “pretendemos que se incremente o gasto en servicios sociáis, en concreto na asistencia no fogar básico (a modalidade de dependencia xa está cuberta pola Xunta), para o que pedimos que se doble a contía que se vai investir nesta materia, pasando de 40.000’00€ a 80.000’00€, para cubrir máis casos, que os hai en Burela. E por outra, dado que o alcalde anunciou que quere construir un pavillón, e ainda non sabe ónde, sería bon contar con cartos para mercar solo dotacional, solo que o concello non tén, propoñemos consignar 80.000’00€. Sen solar e sen cartos, nada se pode facer”.
Para os edís do PP, “estas actuacións son urxentes se queremos ter uns servicios sociáis de primeiro nivel, e se queremos materializar algunha das actuacións que o alcalde anuncia a bombo e platillo, pero que non pasan dunnha declaración de intencións, dado que non se sustentan en ningún documento ou realidade constatada”.