Burela 2-4-18. A Familia Laranxa non podía recibir mellor nova. Jorge Valhermoso Matamoros está de regreso co Pescados Rubén Burela FS; o pivote madrileño incorporouse hoxe á dinámica do grupo despois de estar afastado das pistas dende o mes de decembro por unha dura enfermidade contra a que loitou e da que saíu vitorioso.
Matamoros e o club laranxa agradecen o respecto e as mostras de afecto e apoio amosados ao longo deste tempo.
Mata, o parqué de Vista Alegre está de noraboa. O 10 laranxa volve con nós!