Cervo, 2 de abril. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o prego de cláusulas regulador do concurso público dos locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, no Conxunto Histórico de Sargadelos.
Villares recordou que calquera persoa emprendedora e que dea cumprimento a uns requisitos moi accesibles poderá optar a un destes espazos, presentando a documentación requirida dentro do prazo dun mes no Rexistro Xeral do Concello.
Son 5 locais os que sa saen a concurso –un deles xa foi adxudicado a un emprendedor da rama da alimentación- que poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostelaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.
Así mesmo, tamén saleu a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, con cuberta, e de 100 m2.
O alcalde apuntou que son locais perfectamente acondicionados, polos que os emprendedores terían que pagar un contía case testemuñal, que rondaría os 20 euros mensuais, cumprindo uns requisitos moi accesibles.
Villares resaltou que son locais municipais que “poñemos a disposición de calquera persoa que desexe arrincar a súa empresa, traballar e ofrecer calquera produto a través de venta directa ou mesmo on line; porque ao fin e ao cabo o que se plantexa é a creación dun viveiro de empresas nunha contorna única moi visitada como é Sargadelos, situado no corazón de Cervo, no corazón da Mariña, e a nosa intención é darlle a aquelas persoas emprendedoras todas as facilidades posibles para desenvolver a súa actividade”.
Entre os criterios avaliables están, por exemplo, os días da semana e as horas en que estará aberto ao público. Así, recibirán o máximo de 20 puntos aqueles que abran todos os días da semana, sen ter en conta os domingos e festivos; e 8 horas diarias. Tamén se valorará a programación anual de acción ou as actuacións socioculturais que contribúan a promocionar a contorna, como charlas, conferencias, exposicións…; aquel emprendedor que desenvolva máis de 3 programas ao ano recibirá a puntuación máxima de 20 puntos.
Segundo o tipo de actividade, como se dixo con anterioridade, seguirá a primar o sector artesanal ou a venda de produtos ecolóxicos que terán 10 puntos; e as relacionadas co sector turístico, da hostelaría, educativo ou terapéutico, recibián 8 puntos. Tamén se valorará o carácter innovador do proxecto que se presenta e os postos de traballo que se creen, entre outros aspectos.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



