Foz, 30 de abril de 2018. O primeiro centro demostrador de turismo de Galicia, A Mariña Virtual, que está aberto nas instalacións do Cenima, de Foz, desde o pasado mes de marzo, foi protagonista este domingo, no programa turístico referente da radio española: Gente Viajera, que dirixe e presenta Esther Eiros. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, falou coa xornalista galega afincada en Barcelona de A Mariña Virtual, dos principais atractivos da zona e da promoción turística conxunta da comarca nunha extensa entrevista realizada por Esther Eiros desde os estudios de Onda Cero na capital catalá.
Gente Viajera emítese os sábados e os domingos a través da cadea radiofónica Onda Cero desde a ano 1993 ininterrompidamente, sempre dirixido e presentado por Esther Eiros, xornalista natural da localidade lucense de Bretoña que a longo da súa extensa carreira profesional nos medios de comunicación recibiu numerosos premios e distincións.
O programa de onte, domingo, no que participou Javier Castiñeira pode escoitarse a través deste enlace: http://www.ondacero.es/programas/gente-viajera/programas-completos/gente-viajera-29042018_201804295ae5ba460cf2a468a78bd031.html
