Ribeira de Piquín, 7 de marzo de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, amosou a súa boa disposición a recibir as propostas que lle transmitiu o alcalde de Ribeira de Piquín nunha recente visita. Con todo, Balseiro aclara que este concello recibiu 200.000 euros en achegas directas da administración autonómica, cada ano, que poden dedicar a executar obras e outras actuacións que estimen urxentes ou necesarias.
De feito, o delegado lembrou que na visita do pasado luns, tiveron a oportunidade de supervisar o resultado das obras executadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental en 2017, e que supuxo unha achega autonómica de 63.000 euros destinada á sinalización da ruta Pena Millares, melloras no contorno da igrexa dos Vaos e para a contratación do persoal para unha brigada ambiental.
A este importe hai que engadir 138.000 euros adicionais que, tamén cada ano recibe este concello a través do Fondo de Cooperación local da Xunta. O delegado mantén que si o alcalde entende que hai obras aínda necesarias e pendentes, pode dedicar estes cartos que recibe da Xunta a esas ou outras necesidades. Lembremos que o Fondo de Cooperación local é unha achega da Xunta, tamén de periodicidade anual, e incondicionada, que os concellos poden destinar as obras o servizos que eles escollan.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



