Santiago de Compostela 18-4-18. “Dende a o Instituto de Estudos do Territorio, da Xunta de Galicia, ponse en marcha o PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA para a elaboración da ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA. O VENRES, 20 de abril ás 18:00h. no Salón de Plenos da Casa do Concello de Burela (Rúa de Eijo Garay, 20, BURELA), terá lugar un encontro de participación cidadá aberto a calquera persoa, asociación, entidade, etc. dos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Toda a información relativa a este proceso está dispoñible na páxina web http://infraestruturaverdegalicia.gal/, na cal se dará a coñecer o calendario de encontros presenciais previsto. Calquera persoa interesada en participar pode tamén rexistrar o seu interese e será informada do encontro que corresponda ao seu concello: https://goo.gl/mT6aVe
Do mesmo xeito, todas aquelas persoas que non poidan asistir aos encontros presenciais poderán facer as súas achegas mediante unha consulta pública dixital que estará dispoñible en próximas datas no mesmo espazo web.
Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida por correo electrónico a infraestructuraverde.iet@xunta.gal , ou por teléfono no 608.201.251.
Finalmente, informamos tamén que existe un espazo en Facebook no cal se irá dando conta das novidades deste proceso: https://www.facebook.com/InfraestruturaVerdeDeGalicia/ ”




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



