Lugo, 13 de abril de 2018.- O programa de deporte escolar Xogade, que desenvolve a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, mobilizará mañá a máis dun millar de escolares en catro eventos que se desenvolven na provincia de Lugo.
Segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na capital daranse cita arredor de 700 escolares para participar nas probas clasificatorias de atletismo, que se celebrarán nas pistas das Pedreiras. E a comarca da Mariña acollerá a final provincial de duatlón, en Mondoñedo; unha competición de tenis de mesa en Ribadeo, e unha concentración de promoción da patinaxe en Lourenzá.
Polo que respecta á convocatoria de atletismo na capital, dende as 10.45 horas e ao longo de toda a xornada iranse sucedendo as competicións nunha vintena de modalidades de carreiras, salto e lanzamento. Participarán grupos de todas as categorías: benxamín, infantil, cadete e alevín, sendo a primeira proba clasificatoria para a final provincial.
Pola súa banda, Mondoñedo acollerá a final provincial de duatlón, que reunirá a arredor de 120 participantes nas diferentes categorías. A primeira saída será para os benxamíns ás 16.30 horas, e os demais grupos irán saíndo con media hora de diferencia.
A cita do tenis de mesa en Ribadeo celebrarase no pavillón municipal a partir das 10 horas e contará con arredor de 150 participantes.
E por último, en Lourenzá terá lugar unha concentración arredor do deporte da patinaxe con aproximadamente 65 patinadores de diversos puntos da provincia. A cita comezará ás 19.00 horas no pavillón municipal.
O programa Xogade entra na súa fase máis intensa, ao aproximarse as competicións finais de ámbito provincial. Neste sentido, xa se disputaron as de campo a través e orientacións, ás que se sumará mañá a de duatlón.
Xogade avanza co curso escolar, iniciando as competicións no mes de outubro e rematando o 30 de maio; implica na provincia de Lugo a arredor de 16.500 nenos e nenas. Balseiro subliñou a importancia de “involucrar aos escolares na práctica do deporte, co que adquiren hábitos saudables e valores que os acompañarán durante toda a vida”.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



