Burela, 27 de abril de 2018. As XXV Xornadas Técnicas Expomar, que se desenvolverán os días 3 e 4 de maio, serán inauguradas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e clausuradas polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. Nesta cita abordaranse temas como a política pesqueira comunitaria e os hábitos de consumo, nutrición e trazabilidade. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, fai unha chamada ao consumidor a asistir á mesa redonda do venres, debido aos temas que se abordarán: a importancia do peixe na dieta nutricional, a trazabilidade, o etiquetado e a información ao consumidor, entre outros. Paralelamente o venres, día 4, tamén se celebrará o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.
Llano subliñou que “este ano ten a particularidade de ser o 25 aniversario, o cal ven indicar que hai interese desde a Fundación Expomar en estar sempre co sector pesqueiro tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia. Sempre mirando de favorecer a información, a participación e aquelas cuestións que poidan preocupar á xente do sector, dar un respaldo e estar aí sempre pensando en ter un sector ben coidado”.
Para o alcalde burelés “é un sector que debe preocuparnos a todos para que non soamente non baixe senón que suba, que se implante e vaia medrando. Hai que ter en conta que é unha actividade profesional que dá moita economía á nosa comarca, ao concello de Burela, e ao mesmo tempo temos que procurar que exista información e motivación suficiente para que moitas persoas estean interesadas en seguir coa actividade, e desta maneira asegurar unha continuidade durante o tempo dunha forma sostible e ben levada”.
O rexedor contou que “o día 3 todas as ponencias van orientadas ao sector profesional, aos armadores, á xente que traballa en diversos departamentos de pesca e todo aquilo que ten que ver co sector. Van tratarse os temas do brexit, dos descartes, temas que preocupan agora mesmo e que se están negociando en Bruxelas”.
Alfredo Llano engadiu que “o segundo día, tamén para min é moi importante porque, as ponencias que se van expoñer pola tarde, van encamiñadas a que toda a xente que queira acudir, aínda que sexa profana no tema pero como consumidora ou interesada de ver como funciona o mundo do mar, imos dar temas de nutrición, de trazabilidade, de consumo, cal é o produto que máis se vende, o produto que se pode atopar en diversas fórmulas, etc…, todo aquilo que sexa información sobre unha boa maneira de consumir o peixe”.
O presidente da Fundación Expomar salienta que “imos ter o día 4 pola mañá o encontro empresarial que tamén é fundamental para estas xornadas, dado que aquí concéntranse en Burela moitisimos profesionais que veñen de diversos sitios de toda Galicia, ademais de Asturias e doutros lugares e debaten sobre aqueles problemas polos que teñen máis preocupación agora mesmo no sector. Unha vez que rematan sacan sempre unhas conclusións que mandan ás diferentes institucións, departamentos e asociacións pesqueiras para que se teñan en conta”.
Llano invita “a todo o mundo a participar, a que se achegue a Burela os días 3 e 4. Pensamos que vai ser unha boa maneira de descubrir o mundo do mar, o sector pesqueiro e de ver os problemas que agora mesmo preocupan ao sector, e como temos que facer para que isto sexa unha actividade duradeira no tempo, importantísima na economía e tamén moi importante no social. Entre todos trataremos de construír unha forma positiva de ver a pesca como un elemento imprescindible para todos nosoutros”.
Na presentación que tivo lugar esta mañá no Concello participaron ademais do alcalde, a concelleira de Mar, Patricia Otero, a deputada de Economía e Recadación, Mayra García, o xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández, a xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez, e representantes de Absa, da OPP e da confraría de pescadores de Burela.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



