Entre o 2007 e o 2017 equiparáronse o PIB e a recadación fiscal, despois da Grande Recesión. Fronte aos 200.000 M€ do 2007 o Estado español recadará algo máis de 198.000 M€ no 2017. Mais a distribución dos ingresos fiscais é moi diferente. No IRPF a recadacion sobirá até case 77.000 M€ dende os 72.614 M€ do 2007. No IVE sobirá dos 57.850 M€ do 2007 até os case 66.900 M€ do 2017. A fiscalidade sobre as familias medrou do 73,8% do 2007 até o case 87,3% do 2017.
Mentres, o Imposto de Sociedades (IS) non sobardará os 23.500 M€, ben lonxe dos 44.823 M€ do 2007. É dicir, o Estado español aínda non recuperou case a metade dos impostos (máis de 21.000 M€; uns 500 € por residente) que percebiu das empresas españolas no 2007, cando neste tempo incrementou nun 11,5% a súa recadación ás familias por impostos directos ou indirectos. Con este déficit polo IS cubriríase o custo todo das prestacións por desemprego no 2017 (18.300 M€, aproximadamente) e aínda abondarían 3.000 M€ para mellorar as pensións. Ou pagaríanse nun 70% os xuros anuais da débeda pública española, que acadan os 30.000 M€. O que quere dicir que estes 21.000 M€ poderían darlle unha reviravolta á atención sanitaria, educativa, da dependencia e dos servizos sociais. É dicir, poderían mellorar substancialmente as cousas importantes.
É certo que as empresas poden compensar fiscalmente bases impoñíbeis negativas dos últimos catro anos, mais no 2017 e 2018 xa haberíamos ver case todas estas bases compensadas. Porén, o que resulta moi rechamante é que, cun tipo fiscal do 25% sobre os beneficios, as pemes paguen un 12,2 % do seu beneficio neto contábel fronte ao 7,3% das grandes empresas. Mentres, os traballadores pagan o 14,9% dos seus ingresos netos.
Xa que logo, cómpre revisar a fiscalidade corporativa para axeitar a xeración do beneficio á recadación fiscal. Porque, no Estado español, hoxendía, o sistema fiscal corporativo vulnera o principio constitucional que establece que ha achegar máis quen máis gañe.
A ARRINCADEIRA: Pepe Miñones.
O Concello coruñés ven de homenaxear Pepe Miñones Bernárdez, republicano de centro corcubionés asasinado legalmente polo franquismo en decembro 1936. Creou a Electra Popular Gallega, que logo mercaría de saldo Barrié para Fenosa. A traxedia de Miñones expresa dun xeito singular o xorne violento e represivo do réxime nado no 1936.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



