O próximo luns día 16, terá de novo lugar unha concentración de xubilados ás 12 horas diante do edificio do Concello de Ribadeo, sendo entregada unha moción a todos os grupos políticos con representación na corporación municipal para ser debatida en sesión plenaria. Queremos manifestar o noso rexeitamento ao futuro proxecto europeo de establecer plans de pensións privadas para os cidadáns dos países membros.
Por todo esto convocamos a toda a cidadans de Ribadeo a manifestar o seu descontento. Todos os primeiros sábados de mes, teremos concentracions ás 12 h da maña.
