Foz, 30 de abril de 2018. Hoxe tivo lugar a entrega dos premios aos gañadores do sorteo da semana pasada na 2ª Ruta de Viños de Foz, que organizan nove locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.
Os afortunados, que este luns recibiron os seus agasallos en Radio Foz, foron Carmen García e Nicanor Fernández. Neste caso foi a súa dona, Mª Conchi España a encargada de recollelo. Con eles estiveron os xerentes de Dandy e Happy Days, María e Augusto, respectivamente.
E tamén esta mañá coñecéronse os nomes dos novos gañadores desta 2ª Ruta de Viños de Foz. Fátima Mañón obtivo como premio unha cea para 5 persoas no restaurante Dandy. E Juan Vivero gañou 4 vales por valor de 20 euros cada un para consumir en Mayros, Aroma Café, Express e Anduriña.
Nove locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, son os que organizan esta 2ª Ruta de Viños, que se desenvolve os xoves, venres e sábados desde o pasado 12 de abril e ata o 26 de maio. Os participantes son Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy Days, Express, Anduriña, Xoiña e Aroma Café, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrece unha tapa especial aos clientes os xoves, que venden a 1,50 euros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



