Foz 16-4-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos anos vimos vendo como a zoa da Praia da Pampillosa, e mais concretamente o vial que pasa pola zoa do aparcamento e baños, vaise deteriorando progresivamente, sen ser reparado dunha forma definitiva. Fai anos, cando se reformara esta zoa supoñemos que fora un adecentamento acorde co entorno, polo que non entendemos a deixadez que sufre esta zoa nos últimos anos. O estado do firme do vial é tan malo que os vehículos en vez de pasar polo sitio que corresponde utilizan o espazo dedicado a aparcamento para pasar por el. Nos últimos tempos observamos como se intentou reparar, entendemos dunha forma provisional, tapando as fochancas con terra ou zahorra, pero dende “Foz, Plataforma de Futuro” entendemos que esa non é a solución que esta zoa merece. Así mesmo notamos un abandono importante na zoa coñecida como parque entre pontes ou parque da Ponte de Ferro, coa madeira bastante descoidada e o monumento á antiga ponte tamén con numerosos problemas de mantemento. Dende a nosa formación entendemos que é unha pena este estado de abandono, sendo numerosos os visitantes que ten esta zoa.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Medio Ambiente e Costas a reparar o mal estado do víal que pasa pola Praia da Pampillosa dunha maneira definitiva e acorde co entorno no que este se atopa.
-Instar ó Ministerio de Medio Ambiente e Costas a facer o correcto mantemento da madeira e monumento da antiga Ponte de Ferro, así como o pasadizo de madeira que hai por debaixo da ponte da estrada Xeral.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



