Burela, 11 de abril de 2018. A comisión organizadora reuníase nas últimas horas para pechar o programa da 25 edición das Xornadas Técnicas Expomar que terán lugar os días 3 e 4 de maio en Burela. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, subliña que en breve se fará a presentación do programa deste evento.
O rexedor explicou que “onte tivemos a reunión de Expomar para confeccionar e ir mirando como vai todo cara ao día 3 e 4 de maio, que é cando se vai facer esta 25 edición de xornadas técnicas e do encontro de empresarios de pesca”.
Llano asegurou que “practicamente está o programa xa culminado, o único que nos queda é confirmar a algún dos conferenciantes. Daremos o programa o antes posible e faremos unha presentación calculo que na segunda quincena deste mes”.
O presidente da Fundación Expomar sinalou que “os temas que se van tocar o xoves, dia 3, son as políticas pesqueiras en xeral como o brexit e o impacto no sector pesqueiro galego, sobre todo na nosa comarca. Outro tema serán os novos plans de xestión pesqueira en España porque tamén están preocupados a ver como queda o sistema de cotas e unha serie de asuntos que loxicamente preocupan moito ao sector. Tamén se vai tratar a visión do sector pesqueiro, dos armadores e os traballadores do mar, con respecto ao que está acontecendo agora en Europa e como lles vai afectar todo isto”.
Alfredo Llano relatou que “o venres 4 vanse abordar os hábitos de consumo, nutrición e trazabilidade. O segundo día queremos orientalo a toda aquela persoa que teña interese en como se fai co peixe, como se comercializa, e o mellor do peixe no aspecto nutritivo. Trataremos que sexa enfocado ao público en xeral, que veña toda aquela persoa que teña algún tipo de interese no que consume, en qué propiedades ten o consumo do peixe e en qué beneficia. Trataremos a importancia do pescado na dieta, o etiquetado, a información ao consumidor e todo aquilo que teña que ver co comercio, co consumo e coa nutrición. Tamén falaremos do comportamento dos consumidores nos mercados europeos. Hai enquisas que se fixeron en diferentes países europeos nas que din que todo o mundo estaría de acordo en consumir peixe dunha forma sostible, ou sexa que todo aquilo que se pesca, como se pesca aquí en Burela, de forma sostible e o que quere a xente”.
O presidente da Fundación Expomar engadiu que “posiblemente despois do día 15 deste mes faremos unha presentación para ir motivando á xente a participar nesta nova edición das xornadas técnicas e do encontro empresarial”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



