Ribadeo 19-4-18.O atleta ribadense Aleix Díaz Salas participará este vindeiro sábado 21 de abril no Campionato Galego Absoluto de clubs, que se celebará nas pistas de atletismo de Balaidos en Vigo.
Pese a que Aleix ainda está en categoría Sub 16, a Escuela Atlética Lucense, club ó que pertence dende esta temporada, decidiu premiar ós atletas máis destacados das categorías menores e darlles a oportunidade de participar e aporta-lo seu gran de area nun campionato absoluto.
As probas celebraranse en dobre sesión de mañá e tarde, dende as 10.30 h ata as 19.35 h.
Aleix participará nos relevos 4 *100 m.l. ademáis de participar nunha serie de 100 m.l. que non competitiva.
Esta participación é un éxito para o club, xa que entra dentro dos 8 mellores clubs galegos tanto en masculino como feminino, e será tamén unha gran experiencia para Aleix da que tratará de sacar o máximo partido.
