Foz, 9 de abril de 2018. O BNG-AA de Foz vén de facer públicas, no último pleno, as conclusións dos informes técnicos agochados polo PP que evidencian a enésima manipulación e falsedade marca do Alcalde do PP. O pasado 11 de novembro do 2017, despois de 6 meses (aínda está o cartel que anuncia as obras que escomezaran en maio de 2017, cando o prego de condicións dicía que serían de catro meses…), inaugurábase unha obra demandada polos cidadáns e as entidades deportivas de Foz, o pavillón de Marzán, a iniciativa do BNG que solicitou que se fixera como arranxo integral e non o depropósito en que a nula xestión do PP rematou a obra.
A reforma, por riba de ser entregada fóra de prazo, foi realizada de xeito incompleto por obra e graza do señor Castiñeira. Si, incompleta porque o que o pavillón de Marzán precisaba, e o que o BNG de Foz solicitara, era unha reforma completa, empezando (por unha vez) polo tellado, fonte de pingueiras. Esta é a causa agora dunha segunda reforma para reparar o despropósito iniciativa do alcalde.
Unha vez iniciada a reforma parcial do pavillón, resultou evidente que o tellado non estaba en boas condicións. Por moito que o Alcalde asegurara que fora recuberto había relativamente pouco e que por tanto non era preciso mudar a cuberta, garantindo así a posible rebaixa do orzamento preciso para a obra (e apuntándose o tanto dun aforro que resultou ser novamente falso), resultaba evidente que non era problema só de condensación. Como todo o mundo xa sabía, chovía na pista por filtración e non por condensación. As paredes e os regueiros que había marcados da auga nas cerchas da cuberta evidenciaban que si entraba auga polo tellado.
Por se non fose suficientemente lamentable que o señor Castiñeira non quixese recoñecer o que era evidente, achegando argumentos certamente esperpénticos, o que resulta impresentable é que cando os proprios operarios evidenciaron como as unións de solape entre as chapas estaban enferruxadas e podres, as arandelas dos parafusos de suxeción das chapas tamén, como non estaba rematada a unión das chapas contra o muro frontal, os canalóns con buratos e filtrando auga polas paredes e un longo etcétera, tampouco se fixera nada. E por riba estando en posesión dun informe de estanqueidade feito pola empresa especializada de ensaios Inveco en agosto de 2017, no que se detalla, despois de 6 horas ininterrumpidas de simulación de chuvia intensa, como si existían filtracións en numerosísimos puntos, entre outros: encontro do primeiro remate de ventilación dende a fachada leste co faldón; solape de chapas en faldón norte; xunta entre chapa traslúcida e chapa metálica en faldón norte; fugas no canalón da fachada sur; filtración a través da fachada, a nivel de soleira, por verquido de baixante directamente ao terreno por riba da impermeabilización de fachada na esquina suroeste; os parafusos de fixación de chapas… e máis aínda.
A consultora elabora despois un informe para tratar de evitar o inevitable: que co parqué novo e despois de gastar en torno a 400000 euros no arranxo incompleto, continúen as pingueiras. O informe desta empresa, con data de outubro de 2017, un mes antes da pomposa inauguración do pavillón, poñía de manifesto a imperiosa necesidade de mudar a cuberta e di nas súas conclusións que “dada a gravedade e extensión dos danos (100 % da superficie), considérase necesaria a actuación integral sobre a cuberta (…). Obsérvanse tamén danos no lucernario da fachada sur, os cales polo momento non provocan a filtración de agua pero a corto-medio prazo hai probabilidade de que así sexa, constituíndo un risco para a tarima de madeira acabada de instalar no interior do pavillón.”
Pois ben, contra toda evidencia técnica e non técnica, o alcalde do PP intencionadamente quixo ignorala para poder inaugurar o que fose, como fose e deixar pasar os sucesivos trens de borrascas que vivimos este inverno e ter a desvergoña de apuntarse como éxito proprio a boa tempada dos Celtas, suxerindo que foi grazas á mellora das instalacións (maldita hemeroteca!), esta pseudorreforma que pon en risco o fin de tempada e o uso do resto de entidades deportivas da instalación.
O que o pavillón de Marzán precisaba era unha obra completa e algo de cabeza e sentidiño, empezando, desta volta si, polo tellado, e quedámonos sen nada, marca do alcalde do PP.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



