Lugo, 9 de abril de 2018. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, acompañado de técnicos da Deputación, presentou este luns, no Salón de actos do Pazo de San Marcos, o estudo elaborado polo Executivo Provincial para a posta en marcha dun convenio entre a Deputación e os Concellos lucenses interesados, co fin de elaborar unha ordenanza nos municipios na que se estableza a ocupación ás empresas das liñas eléctricas e de gas. O convenio entre a Deputación e os Concellos consistirá na contratación conxunta para a realización dun inventario técnico-económico, así como a proposta de tarifas para a imposición e regulación da taxa das instalacións de transporte de enerxía eléctrica e gas por parte dunha empresa especializada. O organismo provincial asumirá o 50% dos custos da contratación e os municipios o outro 50% restante.
Inicialmente, o Goberno da Deputación convidou a todos os Concellos da provincia a participar neste convenio, do que ao final adheríronse os seguintes 40 municipios: Alfoz, Baralla, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra de Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Rábade, Sober, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro.
A todos estes Concellos, previamente, solicitóuselles información sobre os bens municipais para determinar, de xeito provisional, a lonxitude de ocupación das liñas de tendidos eléctricos sobre os bens de titularidade pública de cada municipio. Con toda esta información, os técnicos da Deputación fixaron un importe de licitación dun mínimo de 3.000 euros para os que teñen menos lonxitude de liñas eléctricas e dun máximo de 6.000 euros para os que máis posúen.
Coñecida a lonxitude realmente ocupada e a natureza da mesma, poderase determinar o valor derivado dos aproveitamentos no correspondente estudio técnico-económico feito pola empresa adxudicataria. Desta forma fixarase, dun modo bastante aproximado, o importe da taxa, valorando a ocupación dos servizos no dominio público.
Durante o encontro, o Deputado e os técnicos provinciais, explicaron aos representantes dos 40 Concellos lucenses adheridos os resultados do estudo previo elaborado pola área de Cooperación cos Concellos da Deputación, destacando as tipoloxías de liñas eléctricas coas que contan. Nas vindeiras semanas o Executivo Provincial asinará con cada un dos municipios, antes citados, o convenio de colaboración para a realización dese estudo técnico-económico e inventario definitivo co obxectivo de poder redactar canto antes a ordenanza municipal.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



