Os estudantes do colexio de San Cosme realizaron hoxe un tramo do Camiño Norte de Santiago, polo Concello de Barreiros. Os alumnos de Infantil percorreron 1,8 km mentres que os de Primaria camiñaron un pouquiño máis ata completar 3 quilómetros e alcanzar o albergue municipal. Alí recolleunos o autobús para levalos ao área recreativa de Santo Estevo do Ermo, onde compartiron unha comida.
