Mondoñedo, 10 de abril de 2018.- O Concello de Mondoñedo inicia a restauración e conservación de fontes e lavadoiros do Camiño Norte, ao seu paso pola localidade.
A iniciativa, coa que se mellorarán 13 fontes e lavadoiros, conta cun prazo de execución de 2 meses, e está financiada polo Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural; entidade que achega un total de 11.250 euros. Os 5.000 euros restantes son aportados pola entidade local.
A alcaldesa considera que “se dá un paso importante por potenciar aínda máis Camiño que, sen lugar a dúbidas, é unha fonte de riqueza para Mondoñedo e para todos os municipios polos que atravesa. Cremos, por tanto, que esta iniciativa será tamén un reclamo para todos aqueles camiñantes que nos visiten”, afirma.
13 Actuacións concretas
Segundo se desprende do contrato de adxudicación, as fontes e lavadoiros que se mellorarán no marco desta iniciativa son as seguintes: fonte da Alameda; fonte Ciega de Maariz; fonte de San Pedro de la Torre; fonte de San Juan; fonte do Alto de Lindín; fonte do Sapo; lavadoiro e fonte da Igrexa Vella (Lindín); fonte de Cesuras; fonte Vieja; lavadoiro e fonte en Río de Sixto; lavadoiros Os Muíños 01; lavadoiros Os Muíños 02; e lavadoiros Os Muíños 03.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



