Ribadeo, 26 de abril de 2018. O Concello inicia mañá as obras de remodelación da rúa San Roque. Os traballos, que se prolongarán ata os primeiros días do mes de xullo, supoñen un investimento de 450.000 euros procedentes de fondos propios. O primeiro tramo que se fará será o comprendido entre a capela de San Roque e a rúa Vilalba. Xa despois do verán as obras chegarán ao treito que entre a rúa Vilalba e Picarolas. O alcalde, Fernando Suárez, pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar e subliña que haberá modificacións no tráfico rodado durante as vindeiras semanas.
O rexedor anunciou que “despois dun longo trámite de licitación administrativa e de complexa tramitación burocrática, por fin mañá van dar comezo as obras da rúa de San Roque. Son obras de acondicionamento, de humanización, de mellora, de embelecemento, que nun importe de 450.000 euros, sufragados integramente con fondos propios, con fondos do Concello, van dotar dun novo pavimento tanto a calzada como a beirarrúa. Vaise aproveitar para substituír e modernizar todas estas acometidas, estas instalacións soterradas, que xa existen, pluviais, abastecemento, saneamento, subministro eléctrico, telefonía, etc…, e tamén imos aproveitar para colocar nova iluminación, novo mobiliario urbano, árbores e eliminación tamén de barreiras arquitectónicas”.
Suárez Barcia explicou que “como é unha obra complexa, que afecta a un tramo importante do ámbito de Ribadeo tanto para a circulación de vehículos como ao tránsito de persoas, habémola facer en dúas fases. A primeira delas empezará mañá e imos actuar entre o treito que vai da capela de San Roque ata o encontro coa rúa Vilalba. Isto terá que estar rematado a principios de xullo, preparado para o Ribadeo Indiano. E despois do verán continuaremos co resto do treito ata chegar ao encontro coa rúa Picarolas”.
O alcalde ribadense dixo que “estas obras supoñen unha aposta decidida pola humanización desta área, un espazo dos máis singulares como é a rúa de San Roque con esa arquitectura indiana e colonial, tan atractiva para Ribadeo. Como sempre que se levan a cabo obras no casco urbano seguro que ao facelas de xeito inevitable, por máis que o intentemos, habemos ocasionar incomodidades e molestias para os veciños e para os que teñen negocios, pero estou seguro que saberán comprender porque á volta de pouco tempo estarán vivindo ou terán os seus negocios nun dos mellores espazos públicos da nosa vila”.
Fernando Suárez engadiu que “durante estes meses de obras, aínda que o acceso peonil tanto ás vivendas como aos locais comerciais queda sempre garantido, non vai ser así para o tráfico rodado. Polo tanto para organizar durante este tempo o tráfico, dado que a rúa San Roque é un enlace importante para comunicar unha parte con outra da vila, imos instalar unha serie de sinais informativas dos percorridos alternativos para a mobilidade do tráfico urbano”.























Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



