
Fecha: 2018-04-06 Lugo .- Pleno Diputación de Lugo.- Se retira del pleno de la Diputacion de Lugo una propuesta para la apertura de residencias a las personas mayores.
O Goberno da Deputación estudaba xa esta opción ante a posibilidade de que o Pleno Provincial non apoiase os convenios a pesares de que estes foron aprobados polos Concellos nas súas respectivas sesións plenarias. Nalgúns casos por unanimidade, como aconteceu en Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil e Ribadeo, e noutros por maioría e coa abstención do Partido Popular, como sucedeu en Trabada, Pol e A Fonsagrada. Non contaron con ningún voto en contra.
Pero para poder facelo tiña que garantir a legalidade deste acto administrativo e contar con todos os informes que así o acrediten, como finalmente sucede tras as múltiples consultas xurídicas levadas a cabo nos últimos días. Por este motivo, e ante a manifestada intención de votar en contra dos convenios no Pleno Provincial deste venres, feito que impediría o acceso universal dos lucenses ás prazas das súas residencias, o Goberno da Deputación retirou este asunto da orde do día.
Aprobáraos en dúas Xuntas de Goberno. Cómpre aclarar que a sesión plenaria de hoxe estaba convocada pola urxencia da aprobación dos convenios para poder continuar e axilizar a apertura dos centros de maiores e porque todos os asuntos que superen os 6 millóns (Orzamentos, Plan Único, POS…) teñen que ser aprobados polo Pleno.
Os convenios están valorados en 7,1 millóns, que é o orzamento máximo que tería que achegar a Deputación para o funcionamento dos 6 centros e no caso do 100% da ocupación das 190 prazas de residencia e 90 de centro de día por lucenses con dificultades económicas que contarían con axudas económicas do organismo provincial para garantir o seu acceso ás mesmas.
Balseiro no Pleno da Deputación
Entre os asistentes ao Pleno deste venres, ademais de todos os Alcaldes e Concelleiros preocupados pola aprobación dos convenios para garantir que o centro de maiores do seu municipio fose para os seus veciños, tamén se atopaba o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo. A el se referiu o voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, que destacou “está aquí o Delegado da Xunta en Lugo, aproveito para saúdalo. Non sei se nos veu a traer ou dar a coñecer algún convenio da Xunta de Galicia coa Deputación de Lugo, ao que se negaron en múltiples ocasións, para financiar as prazas de residencias aos lucenses; ou veu a ver como o Partido Popular destrúe a expectativa de que os veciños de Lugo poidan optar a unha praza de residencia nas súas residencias. É a primeira vez que o vexo preocuparse in situ polas prazas de residencias dos nosos maiores na provincia. É moi significativo que a plana maior do PP, ademais das esferas administrativas nas que goberna, estean hoxe aquí presentes, dicíndolles aos veciños de Lugo que por culpa deles, pois son eles os que manifestaron o seu voto en contra destes convenios, non van ter nin unha soa praza na súa residencia e con independencia da súa situación económica e social”.
Garantías dos convenios
Os convenios recollen o modelo de xestión dos centros de maiores, que non existía. Este foi definido polo Presidente e os Alcaldes en múltiples reunións conxuntas cos Secretarios e Interventores da Deputación e os Concellos para acadar un modelo que cumpra rigorosamente a legalidade ante a nova normativa vixente en materia de contratación e cun obxectivo político conxunto: que os centros de maiores construídos cos fondos públicos de todos os lucenses na Deputación e nos Concellos sexan, por xustiza, para todos os veciños da provincia. Este modelo, que é un referente en Europa, garante o seguinte:
1.- as prazas son de xeito preferente para os veciños do Concello onde se sitúa o centro de maiores, en segundo termo para os dos municipios limítrofes, Comarca ou bisbarra, e logo para lucenses en xeral.
2.- acceso universal ás prazas, pois todos os veciños, independentemente da súa situación económica, poderán acceder ás mesmas. O custo da praza para os usuarios será en función da súa capacidade económica. A Deputación comprométese cunha achega de ata 600 euros por praza. Se esta cantidade non é suficiente, o organismo provincial asumirá o déficit nos Concellos de menos de 5.000 habitantes por seren os de menos recursos económicos. Se os municipios contan cunha poboación maior, este déficit asumirao o Concello.
Vantaxes
As vantaxes dos centros de maiores da Deputación nos Concellos con respecto aos públicos da Xunta de Galicia son as seguintes:
1.- Os veciños terán praza no seu propio Concello ou nun limítrofe, non tendo que abandonar o seu entorno habitual. Moitos veciños están hoxe en residencias fóra do seu municipio e incluso da súa provincia.
2.- Garántese o acceso universal dos veciños da provincia aos centros de maiores da Deputación cos Concellos con independencia da súa capacidade económica. Por exemplo, un maior cunha pensión non contributiva contará con toda a axuda pública necesaria para contar cunha praza de residencia ou de centro de día no seu municipio.
3.- Os veciños non terán que esperar tanto tempo pola súa praza, pois non entrarán nunha bolsa autonómica, agardando meses e meses.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



