Lugo, 13 de abril de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Executivo da Deputación aprobou hoxe na Xunta de Goberno axudas de 485.000 euros, dirixidas a todas as entidades e clubs deportivos da provincia. Trátanse das subvencións de concorrencia competitiva para actividades federadas e eventos deportivos puntuais. En concreto son 400.000 euros para a actividade competitiva, e 85.000 euros para a organización de eventos deportivos.
“Agora enviaremos estas axudas á Base Nacional de Subvencións para, en 2 semanas aproximadamente, podelas publicar no Boletín Oficial da Provincia. Os clubs e entidades deportivas interesadas en concorrer a estas axudas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación das bases no BOP, para solicitalas. Deberán formalizar a súa solicitude a través do Rexistro Xeral da Deputación. Os requirimentos para emendar as posibles deficiencias de documentación realizaranse exclusivamente a través da páxina web da Deputación”, destacou o voceiro do Goberno.
“Con esta liña de subvencións que hoxe aprobamos, buscamos continuar sendo a Deputación galega que máis inviste en deporte. De feito, a de Lugo é a administración pública que máis inviste en deporte na provincia de Lugo, ata oito veces máis que a Xunta de Galicia”.
Axudas máis sociais
Como na anterior anualidade, incorpóranse criterios sociais nas bases destas axudas en impulso á igualdade e á integración, así como en recoñecemento ao esforzo competitivo. Deste xeito, valorarase positivamente aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos de menos de 2.000 habitantes, especialmente do rural, e tamén puntuarán os resultados ou ascensos deportivos.
Como novidade este ano, na liña de axudas á actividade competitiva cada disciplina deportiva conta cun importe de acordo co número de licencias oficiais que posúe cada modalidade na provincia de Lugo.
Así mesmo, os clubs ou entidades deportivas que desenvolvan a súa actividade competitiva en máis dunha disciplina deportiva poderán optar a un máximo de tres axudas: dúas solicitudes por actividade competitiva e unha por organización de eventos deportivos.
O importe mínimo das axudas á actividade competitiva será de 300 euros e o máximo de 4.000, mentres que na liña de axudas á organización de eventos a cantidade mínima a percibir será de 300 euros e a máxima de 2.000 euros.
Balance 2017
Esta programación permitiu o ano pasado que o Goberno da Deputación ofrecese 258 axudas a outros tantos clubs e entidades deportivas de 49 Concellos da provincia e coa que o executivo provincial promove deportes como o tiro con arco, ciclismo, xadrez, fútbol, baloncesto, así como a celebración de diversas competicións, como regatas, carreiras de atletismo, torneos, rutas de BTT ou ximnasia rítmica, entre outras
Do total, 205 entidades e clubs deportivos recibiron un 400.000 euros para sufragar gastos pola súa actividade competitiva. Por exemplo, de arbitraxe, transporte, federativos (pola consecución de licenzas, seguros…) ou canons derivados da participación nunha competición deportiva oficial. Outras 116 entidades e clubs deportivos recibiron 85.000 euros para sufragar a organización de eventos deportivos puntuais.
A distribución por comarcas deste investimento do Goberno Provincial foi a seguinte: na Comarca da Mariña beneficiáronse 72 asociacións de 16 Concellos, cun investimento de 138.840 euros; na de Chantada foron 13 clubes de 6 concellos cun investimento de 38.925 euros, na de Lugo, 83 asociacións de 6 Concellos con 144.156 euros, na da Terra Chá foron 44 asociacións de 8 Concellos con 74.793, na de Lemos foron 22 entidades de 4 Concellos cunha achega de 42.847 euros, na de Sarria 16 asociacións de 5 Concellos con 25.039 euros para e na da Montaña. 8 entidades de 3 Concellos con 17.230 euros.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
