Lugo, 5 de abril de 2018.- O Partido Popular de Lugo sae en amparo dos seus concelleiros en Viveiro ante a vergonzosa campaña de acoso á que foron sometidos por integrantes da Plataforma Sanitaria da Mariña con ocasión do último pleno municipal.
Os populares denuncian a progresiva radicalización deste colectivo instrumentalizado polas forzas da oposición e sindicatos afíns e exixen que, con independencia das lexítimas discrepancias que poidan ter, garden o respecto debido aos concelleiros do PP, que son representantes públicos elixidos polos veciños.
Desde o PP aseguran que os integrantes da Plataforma Sanitaria son libres de dedicarse a agarrar pancartas e protagonizar os actos de protesta que queiran, pero o acontecido onte non son formas de defender os seus argumentos e non teñen dereito algún a apupar e incluso zarandear ás persoas que non pensan como eles. De feito, o único que fan con este acoso é quedar en evidencia ao ter que recorrer a este tipo de prácticas tan ofensivas.
Os populares din que calquera veciño poderá observar como esta actitude de acoso está instigada e protagonizada por 20 ou 30 persoas -sempre as mesmas- que os únicos intereses que defenden son os seus propios e que o único que buscan é facer ruído e atención mediatica.
Desde o PP insisten ademais na súa discrepancia absoluta cos argumentos que empregan neste colectivo e aseguran con contundencia que a Plataforma Sanitaria está enganando á poboación xa que a nova Lei, tramitada no Parlamento -e que crea o distrito da Mariña- blinda os servizos sanitarios da comarca, en especial, do Hospital da Costa que está en plena ampliación e que hoxe ten máis persoal e servizos que en 2009, cando gobernaba o bipartito.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



