A praza da Mariña foi escenario esta mañá dun circuíto infantil de BTT e Educación Vial do que gozaron tod@s os que ata alí se achegaron entre as 11 e as 13 horas. O domingo, terá lugar a baixada BTT Enduro Monte Castelo con remontes que sairá ás 9:50 da praza do Concello. E pola tarde no pavillón Vista Alegre de 16 a 20 horas celebrarase o Torneo de Xadrez “Reyes y Peones”. A Semana do Deporte concluirá o vindeiro luns, 9 de abril. Nas últimas horas pasaba por este evento Jordan Bachynski, pívot do Obradoiro CAB, que aproveitou a súa estancia en Burela para visitar o barco museo Reina del Carmen.
Os máis pequenos e pequenas foron os protagonistas este sábado, da Semana do Deporte que se celebra en Burela organizada polo Concello
-
Anterior
Suárez agradece o apoio das Asociacións veciñais e dos concelleir@s que se desprazaron para seguir de cerca o pleno da Deputación sobre o futuro da nova residencia de maiores de Ribadeo. Será a institución provincial a que na xunta de goberno da vindeira semana lle dea luz verde ao convenio bilateral asinado hai uns días




















A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



