Lugo, 10 de abril de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde mantivo un encontro co musicólogo sarriano Abraham Cupeiro, antes de participar no concerto didáctico, na Casa da Cultura, ao que asistiron alumnos do IES Enrique Muruais e do CEIP Plurilingüe. Esta actividade gratuíta enmarcarse dentro da programación cultural do Goberno da Deputación, coa que o musicólogo sarriano Abraham Cupeiro realizará 20 accións en 16 Concellos da provincia, para amosar o seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais por toda a provincia.
Trátase dunha programación que inclúe actuacións nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, onde ofrecerá concertos abertos ao público en xeral. Ademais, realizará 16 concertos didácticos en centros educativos da provincia nos que viaxará cos escolares ao pasado máis remoto a través dos instrumentos de vento.
Campos Conde sinalou que “con esta iniciativa damos a coñecer a nosa gran riqueza musical e as nosas tradicións, empregando unha gran colección de máis de 200 instrumentos de Cupeiro, que van dende unha pequena frauta de óso (46OOO a.c) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas”.
Actuacións na Mariña
A primeira actuación realizouna en Foz, no salón de actos do IES de Foz este mesmo luns, e hoxe martes na Pontenova, á que acudiron alumnos do IES Enrique Muruais e do CEIP Plurilingüe. Os seguintes concertos pedagóxicos en centros educativos na Mariña son os seguintes;
– Burela, 11 de abril, no Auditorio, ás 11:30 horas. Acudirán os alumnos do IES Monte Castelo e Perdouro.
– Viveiro, 13 de abril, Sala Multiusos do Concello, ás 12:30 horas. Acudirán alumnos do IES Vilar Ponte e IES María Sarmiento. Ademais na cidade do Landro, a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, realizará un concerto aberto ao público en xeral.
Multiinstrumentista
O musicólogo Abraham Cupeiro (Sarria, 1980), constrúe e fai soar instrumentos de fai máis de 2.000 anos como o “karnyx”, a gran trompeta céltica. É construtor e multiinstrumentista, ademais de traballar na recuperación de instrumentos perdidos no tempo, utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles. Estudou trompeta no Conservatorio Superior de Musica de Madrid, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.
A súa formación é clásica, pero sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas.
Desde novo formou parte de grupos de folk, jazz ou música antiga. E como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Ferro). Ademais é impulsor dun instrumento ancestral en Galicia: a corna. Instrumento que tocaba seu avó e que aparece nas iluminacións de Alfonso X.
O seu interese pola organoloxía, ciencia que estuda os instrumentos musicais e a súa clasificación, levoulle a conseguir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles a súa música, e tamén a mestura con formacións modernas.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



