Lugo 10-4-18. ADEGA e AEMS-Ríos con Vida veñen de presentar alegacións ao Plan Básico Autonómico (PBA) por non contemplar o grafado dunha parte moi considerable da rede fluvial galega. O documento non contempla regos ou regatos que figuran na parte máis capilar da rede, como é nas cabeceiras, pero tampouco recolle treitos de maior entidade da rede fluvial que xa están identificados en varias fontes cartográficas das que dispón a Xunta de Galiza, e en concreto, a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, impulsora do Plan ( (cartografía 1: 50000 do Exército de mediados do século pasado, cartografías 1:25000 do IGN, cartografías municipais, etc.).
Nun estudo comparativo entre diversas cartografías, ambas entidades detectaron en todos os concellos galegos, agás en 5 da provincia de Pontevedra, deficiencias no Plan Básico Autonómico relativas á identificación da rede fluvial, e poñen como exemplos algúns casos analizados na provincia de Lugo. O caso do concello lucense é paradigmático xa que o PBA desatende aproximadamente o 45% da súa rede fluvial municipal, se se compara coa cartografía fluvial do concello editada en 1984, de forma que dos 620 quilómetros de ríos de Lugo, o PBA só contempla 343 quilómetros. Do mesmo xeito sucede noutros concellos da provincia como, por exemplo, en Barralla ou Cospeito, onde se omiten cando menos 98 e 42 quilómetros da súa rede fluvial, respectivamente.
Se estas deficiencias non se corrixen no Plan Básico Autonómico, os ámbitos de afección de boa parte da rede fluvial galega, nomeadamente, a parte correspondente ás Zonas de Fluxo Preferente (ZFP) e ás Zonas de Policía (ZP), quedarían sen protección e sen definición. Este defecto de delimitación iría en contra da normativa vixente que obriga a identificar a rede fluvial e a determinar os correspondentes ámbitos de afección no PBA (art. 49 da Lei 2/2016 e artigos 90 e 92.1 do Decreto autonómico 143/2016), así como a delimitar as zonas inundables (Determinación excluínte 4.8.16 das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia), tarefas para as que a Xunta de Galiza dispón dos medios necesarios.
ADEGA e AEMS-Ríos con Vida completan as súas alegacións coa achega de dous estudos que xa foran presentados por estas organizacións ante a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en decembro de 2012 e en decembro de 2013: un estudo hidrolóxico e hidráulico do tramo medio-alto do río Rato, -tramo que o PBA segue a omitir-; e un estudo parcial da rede fluvial do Concello de Lugo, onde se determinou o trazado de máis de 20 tramos fluviais, cunha extensión aproximada de 45,8 quilómetros, dos que case a metade (22 quilómetros) tampouco aparece reflectida no PBA.
ADEGA e AEMS-Ríos con Vida solicitan, por tanto, que se corrixan todos os fallos detectados e que se revise toda a cartografía de aplicación existente á hora de grafar e delimitar adecuadamente toda a rede fluvial galega no Plan Básico Autonómico, e de forma que se determinen correctamente os seus ámbitos de afección e protección. Ademais, instan á Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a consultar, entre outras fontes, a cartografía militar do século pasado na que se identifican, de forma minuciosa e a partir dun laborioso traballo de campo, as canles e masas fluviais do territorio galego. Tamén reclaman que se amplíe o prazo de exposición pública para poder realizar con máis tempo as precisas achegas ao borrador do Plan Básico Autonómico.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



