Foz, 28 de abril de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta tarde o conxunto patrimonial de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, que está integrado pola igrexa, a reitoral e a súa contorna de finca e xardíns.
O departamento de Cultura da Xunta de Galicia leva investidos máis de 1,3 millóns de euros na rehabilitación da Casa Reitoral da basílica, onde se está ultimando o centro de interpretación de San Martiño cuxa apertura se realizará en breve, tal como sinalou o conselleiro.
San Martiño de Mondoñedo é un dos primeiros bens de interese cultural declarados en Galicia e, en concreto, a declaración da súa basílica como monumento data do ano 1931.
Segundo Román Rodríguez, a próxima apertura do centro de interpretación suporá un elemento dinamizador tanto cultural como turístico para a zona, que servirá para a divulgación e posta en valor da que é a catedral católica máis antiga de España que se conserva en pé.
O centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo foi concibido grazas ao consenso entre a Consellería, o Concello de Foz e a Diocese Mondoñedo-Ferrol, para a instalación dun proxecto expositivo da antiga catedral que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia financia con preto de 220.000 euros.
Tras a colaboración da Consellería, será o Concello quen asuma a xestión deste novo espazo e os custos derivados da súa apertura pública, incorporándoo á oferta de visita pública, de contido cultural e turístico que xa neste momento está a desenvolver na igrexa de San Martiño. Pola súa parte a Diocese accede á instalación deste museo en dependencias da reitoral, así como a ceder pezas para a súa exhibición neste espazo.
Proxecto museográfico
O proxecto museístico exhibirase na planta baixa da reitoral, na metade da planta primeira e na cámara do bispo, no segundo andar. O percorrido comezará, con todo, no exterior, onde se colocarán paneis que expliquen a evolución do templo. Desde alí accederase ao espazo de recepción de visitantes, no que se facilitará a información básica a visitantes, folletos, etc. No interior, a exposición dividirase en sete salas. A primeira e a segunda dedicarase á presentación e primeiros tempos da diocese, unha época que abarca desde o século VI ata mediados do IX, desde a existencia dunha sé “britoniense”, ata a restitución da sede en Mindunieto. A sala terceira destinarase á figura de san Rosendo, un dos personaxes máis influentes na historia altomedieval, e á basílica perdida do século X, incluíndo unha proxección de volume en aramio do edificio.
A basílica románica e os tempos actuais serán os protagonistas nas salas cuarta e quinta. O contido centrarase na construción da basílica románica que comezou o bispo Gonzalo Froilaz e continuou Munio Afonso. Os módulos expositivos que estruturan o discurso xirarán arredor da arquitectura, a escultura, a pintura e as figuras históricas e lendarias da época, como a do Bispo Santo. Finalmente, as salas seis e sete dedicaranse á arquitectura pacega, en concreto á cámara do bispo e a sala abovedada. Nelas exporase, ademais, o “tesouro de San Rosendo”.
As diferentes salas do Centro de Interpretación contarán tamén con paneis informativos, pantallas de vídeo ou furnas, e estarán organizadas arredor dun elemento fixo central, unha caixa de madeira, sobre a que tamén se poderán exhibir pezas.
No referido ao salón de actos, poderase usar como sala de proxección ou sala de exposicións temporais, dado que dispón de medios audiovisuais para ofrecer proxección divulgativa sobre a basílica e a súa historia.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



