Burela 28-4-18. O Pescados Rubén Burela FS finalizou ao grande a liga regular levando o derbi galego en Noia (3-5), nunha cita que deixou moi encamiñada xa na primeira parte, con 1-4. Estes tres puntos mantéñeno como líder de play off, con 55 puntos, con ElPozo Ciudad de Murcia (61 puntos) como campión de Segunda. Os de Juanma Marrube veranse as caras na primeira eliminatoria, a partir do 12 de maio, con Betis (51 puntos), que pecha a fase de ascenso empatado con UMA Antequera e Puertollano, protagonistas do outro cruzamento na pelexa por Primeira División -tal e como figura na clasificación da LNFS-.
Nunha cita de ti a ti, con fluidez de balón, foron os mariñáns os que tomaron a iniciativa goleadora con dobre diana de Colacha antes da medianía do primeiro acto. Nun erro defensivo, o Noia reduciu distancias pouco despois. De novo, o Pescados Rubén ampliou a fenda nos últimos minutos con Matamoros e Héctor.
Tras o descanso, con 1-4, o encontro tomou máis un ton de control por ambos os lados. No 37, Víctor asestou o golpe definitivo, aínda que os coruñeses puideron maquillar o electrónico nos últimos segundos con Kohei en dobre penalti.
Copa Galicia
O Pescados Rubén regresará xa á pista o luns, coas semifinais de Copa Galicia fronte ao Esteo FS en Ferrol (A Malata, 19.00 horas). O Parrulo FS e Santiago Futsal protagonizarán a outra semifinal (21.15 horas). O título irmandiño decidirase o martes, 1 de maio, ás 18.00 horas, precedido da I Minicopa Infantil, con semifinais pola mañá desde as 10.00 horas e final ás 16.00 horas.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli: Zardoya, Borja González, Quique Caneda, Kohei, J. Bello, cinco inicial; tamén xogaron Christian, Marci Fernández, Kelson, Dani Quintela, Samu Lastra, Xuxa, Nené
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Cora, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Víctor, Matamoros, Colacha, Adilson
Goles: 0-1, minuto 9, Colacha; 0-2, minuto 10, Colacha; 1-2, minuto 11, Renato (p.p.), 1-3, minuto 16, Matamoros; 1-4, minuto 17, Héctor; 1-5, minuto 37, Víctor; 2-5, minuto 40, Kohei (d.p.), 3-5, minuto 40, Kohei (d.p.)
Árbitros: Menéndez Nistal // Vilas López. Por Noia amarela para Kohei, Samu Lastra
Incidencias: Partido correspondente á xornada 30 de Segunda LNFS, disputado no pavillón municipal de Noia.





















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
