Santiago, 6 de maio de 2018.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten prevista a mellora da seguridade viaria no acceso e a explanada do peirao de Mirasol, no municipio lugués de Ribadeo. Así o comunicou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha recente visita á zona.
Durán Hermida explicou que o organismo portuario executará a pavimentación do firme tanto na zona de acceso ao peirao comercial, no treito previo ás barreiras de seguridade, como ao longo de toda a explanada de acopio e zona de carga de mercadorías, sobre todo celulosa. Deste xeito eliminaranse as fendas e socavóns existentes, produto do tránsito pesado que circula a diario por este entorno.
En concreto, os traballos consistirán no fresado da capa de base e posterior afirmado cunha capa de mestura en quente. Para efectuar dita obra será necesario desmontar as barreiras de acceso ao Código PBIP (código de seguridade internacional dos portos comerciais) e levantar os rexistros do saneamento ata a nova cota de rasante.
Portos de Galicia ten previsto o inicio dos traballos para o vindeiro mes de xuño, coincidindo coa baixada da intensidade de traballo no porto e concretamente na explanada. O ente público investirá nesta actuación un total de 60.000 euros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



