Lugo, 6 de maio de 2018.- O Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos Ramos, denunciou o deterioro no emprego e o empobrecemento da nosa provincia causado polas políticas económicas e a falta de investimentos do Partido Popular. As consecuencias do abandono que sofre a provincia desde que goberna o Partido Popular queda en evidencia na evolución do emprego, a precariedade laboral e a perda de poder adquisitivo dos traballadores e os pensionistas.
“O PP mente e tenta agochar a realidade que vivimos cada día os veciños de Lugo cos datos do paro, por máis que queiran sacar peito o certo é que a nosa provincia perde emprego, cae a poboación activa e desaparecen empresas, por non falar das condicións laborais e a perda de dereitos e salarios que padecen os traballadores, dos que todos somos conscientes e que o PP prefire ignorar”.
Os datos son contundentes, os gobernos do PP provocaron coas súas políticas un importante descenso da poboación activa, xa que a provincia perdeu 8.200 persoas no mercado laboral entre os anos 2011 e 2017. Ademais, as políticas do PP causaron a caída en 313.000 euros no Produto Interior Bruto da provincia entre 2010 e 2015, segundo os últimos datos oficiais. Tamén provocaron a destrución de 150 empresas na provincia entre 2011 e 2017 .
2.000 empregos perdidos na provincia
“ A diminución da poboación activa e a negativa evolución demográfica que está a sufrir a nosa provincia, que perdeu 17.896 veciños entre 2011 e 2017, son a verdadeira explicación da evolución do paro. Hoxe na provincia de Lugo contamos con 17.801 desempregados e no 2011 había 24.500. Parece que o paro baixou en 6.699 persoas. Pero iso non é verdade, pois no primeiro trimestre do 2011 había 136.900 persoas na provincia traballando e hoxe son 134.900. A conta é sinxela, temos 2.000 empregos menos que hai 7 anos e queda claro que non é o PP quen fai mellorar a evolución do emprego na provincia, senón que os datos do paro reflicten o declive demográfico que estamos a vivir sen que fagan nada por evitalo”.
A perda de poboación da nosa provincia ten moito que ver coa situación da nosa economía e coa falta de postos de traballo e salarios dignos. “De novo, as cifras cantan: dos case 20.000 contratos que se asinaron no primeiro trimestre de 2018 na provincia, o 87,3% son temporais, de 1 día e mesmo só de unhas horas. E se falamos de salarios, a situación tamén é lamentable xa que o salario medio no Estado hoxe é de 1.636 euros mentres que en Galicia é de 1.447, case 200 euros por debaixo. No 2011, en España era de 1.630 e en Galicia de 1.780. Polo tanto, en 7 anos de goberno do PP perdemos 350 euros de media salarial”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



