Celeiro, 8 de maio de 2018.- Trece alumnos participan no curso “Certificado de Marisqueo a pé” organizado pola Consellería do Mar. Esta acción formativa ofrece a posibilidade de adquirir os coñecementos teóricos necesarios para desenvolver esta actividade. A maiores, trátase dun curso obrigatorio no proceso de obtención do correspondente permiso de explotación (permex) e, polo tanto, está enfocada a unha posterior saída laboral.
Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a visita á aula de formación pesqueira de Celeiro, onde estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Ramón Fernández Asensio.
O curso, de 40 horas de formación, iniciouse no mes de abril e está a piques de rematar.
Está distribuído nos seguintes módulos: Comercialización e Xestión (10 horas), Organización (12 horas), Produción (12 horas), Seguridade (5 horas), Avaliación (1 hora). Os requisitos de acceso do alumando era ser maiores de 16 anos e ter rematada o escolarización obrigatoria.
A formación impartida ten carácter gratuíto. Algúns dos alumnos xa teñen feito o curso de percebe e outros están facendo o curso de redeiros.
A Consellería do Mar destinará máis de 1,5 millóns de euros para cursos de ensinanzas pesqueiras non regradas (aquelas distintas aos ciclos formativos) ata 2019. Unha achega que se circunscribe na aposta decidida da Xunta de Galicia pola formación náutico pesqueira como vía para avanzar na remuda xeracional e para dotar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola de sustentabilidade e competitividade.
Ademais, os homes e mulleres profesionais do mar, dispoñen tamén de cursos na modalidade de teleformación que buscan incrementar a oferta formativa á que poden acceder e permiten compatibilizar a vida profesional e persoal, evitando desprazamentos. Unha das opcións preferidas está a ser o curso de mariñeiro pescador, unha titulación oficial náutico-pesqueira que ademais ten carácter habilitante.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



