Ribadeo, 10 de maio de 2018. A comisión das festas patronais de Ribadeo 2018 comezou xa a traballar. Nuns días visitarán os domicilios e os negocios locais en demanda de axuda económica para sufragar os gastos dos festexos que se celebrarán do 5 ao 9 de setembro. O pregón será o día 1. A comisión, que foi presentada nas últimas horas, está formada por Juan José Otero (como presidente), Avelino Martínez e Marta Saiz. Ao seu carón estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. O rexedor confirmou o apoio pleno do Concello á comisión, que tamén organizará as festas de San Roque o 16 de agosto.
O presidente da comisión das festas patronais de Ribadeo, Juan José Otero, agarda que “sexa polo menos como o ano pasado ou incluso un pouco mellor”. E anunciou que “empezaremos a semana que ven a facer o libro, e despois seguido ata ter todo feito e arrancar as festas. Empezaremos tamén a visitar domicilios e negocios locais. Tentaremos facer todo o que é Ribadeo, como se fixo o ano pasado. Este ano subiu un pouco de nivel da festa con mellores orquestras e máis días, e pedimos que nos axuden e colaboren o mellor que poidan”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que “por parte do Concello, e ademais digo case non por parte do goberno municipal porque penso que é da unanimidade da Corporación, expresarlle o agradecemento a estas persoas, a Juan, a Marta e a Avelino, que estiveron dando o mellor de si o ano pasado, en momentos complicados porque lles pedimos isto a última hora. Con moito esforzo, cambiouse de sitio, superáronse diferentes problemas de intendencia que houbo que resolver, pero as festas foron moi dignas e, ao noso xuízo, moi boas”.
O rexedor engadiu que “se trata de que se volvan facer outro ano, agora cun pouco de máis calma, pero trátase tamén de manifestar e de recoñecer o apoio pleno do Concello de Ribadeo para seguir axudando a esta xente que están traballando por todos e por todas nós. O noso compromiso e o noso apoio, non soamente neste momento senón nos días e nas semanas que vaian vindo en todas as actividades que se vaian facendo, e o agradecemento sobre todo”.
Ao igual que o ano pasado as festas patronais na honra de Santa María do Campo serán no parque.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



