Cervo, 10 de maio de 2018.- O Concello de Cervo está a facer unha aposta importante pola divulgación do patrimonio natural e arquitectónico do municipio.
Deste xeito, a delegación de Medio Ambiente leva meses en contacto con investigadores do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, co fin de poñer en valor a importancia que tivo a canteiría no seu día en San Cibrao.
Froito dese traballo conxunto instaláronse diferentes fitos que referencian a pegada que queda do traballo dos canteiros no pobo; e é que en varias zonas de San Cibrao pódense observar os sinais que foron deixando co paso dos séculos en forma de frontes, bancos de traballo, trincheiras, cuñas e barreños, para extraer os sillares e mampostos cos que construír as edificacións tradicionais da vila.
Os primeiros en coñecer de primeira man este itinerario circular de pouco máis de dous quilómetros bautizado como a “Ribeira de Lieiro” foron os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 1º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos, que acompañados polo alcalde, Alfonso Villares, pola edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, por profesores e técnicos municipais, percorreron esta mañá este tradicional camiño de pescadores.
O investigador do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, Jorge Fernández, foi o encargado de guiar a expedición, ofrecendo cumprida información sobre cada un dos paneis que foron instalados na ruta, que parte das Antigas Fábricas de Salgadura, ata a Praia da Limosa, e remata no punto de partida; e sobre os vestixios que se poden atopar destacando que “en San Ciprián se localizaron unha serie de canteiras e zonas de explotación relacionadas co patrimonio arquitectónico local, aínda que dúas delas chegáronse a explotar de maneira semi-industrial, fornecendo laxas que foron exportadas e que se empregaron, por exemplo, para o empedrado da Praza Maior de Oviedo”
O rexedor apuntou que “a nosa intención é seguir a traballar por poñer en valor todo o noso patrimonio natural, porque somos un Concello moi rico en historia, e é importante dalo a coñecer e divulgalo a todos os niveis, pero primeiramente entre a nosa veciñanza”.
Villares e Méndez convidan a todos aqueles que desexen pasar un bo momento ao aire libre a que se animen a dar este paseo pola Ribeira e descubran un pouquiño máis sobre o que fomos, pero tamén sobre todo canto pode ofrecer San Cibrao a día de hoxe; e que tamén está recollidos na ruta en diferentes fitos.
O sendeiro conta tamén con placas que conteñen o código QR para que aqueles camiñantes que o desexen poidan acceder facilmente a información ampliada sobre o percorrido.
Durante o verán programaranse diferentes rutas guiadas abertas a todos os veciños e visitantes que desexen participar.
Desde a delegación de Medio Ambiente habilitouse esta plataforma web na que se pode atopar toda a información ao respecto das canteiras históricas de San Cibrao: https://medioambiente8.wixsite.com/ribeiradelieiro/ruta-de-canteras-canteiras.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



