As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor de Reha, nai de Júpiter (o deus do Ceo). Os romanos chamaban á efeméride A Hilaria, e tiña lugar o 15 de marzo, no templo de Cibele.
Os primeiros cristiáns transformaron as celebracións en honor da Virxe, a nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus, e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cunha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente.. Na maioría dos países europeos celébrase o primeiro domingo de maio; pero non en todas partes é o mesmo día, pois ademais de en EE.UU., tamén en Alemaña se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinoamérica a data varía, a veces por motivos ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleo o día 30 de maio porque nesa data era o cumpreanos de Casimira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos 40; na Arxentina, o día sinalado é o terceiro domingo de outubro…
Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial en Foz, no ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, que presidía Martín Jaureguizar, orgaizara a festividade cunha velada literaria no entón cine Cageao, ateigado de público, ó que asistiran os alumnos/as dos colexios do concello; acto que pechara o escritor e político da República, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido e a súa simpatía: sen dúbida todo un broche douro para un evento no que as frores e poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento.Ó seu remate, membros da xunta directiva trasladáranse a Cordido, para homenaxear no seu fogar á nai mais vella do concello: Basilia Alvarez Sáa, viuva, de 81 anos, nai de tres fillos.
O acto, pola súa singularidade e brillantez, quedou por moito tempo na memoria olectiva. Hai xusto 50 anos.
Nai!, adorada nai!, mártir escura,/ branca pombiña, arruladora e tenra/ai, se souperas como me deixabas…/ non te morreras./
Nunca reiciña,/ nunca como agora/falla fixéronme os teus bicos mornos;/choveo por mín chuvia de sangue, e traio frío nos ósos./
Melancunía, Musa dos doentes,/ do meu esprito, noiva feiticeira,/ ¡déixame que hoxe no teu colo dorma,/ sono de pedra!”…
Os versos que anteceden pertecen ó poema “Na morte de miña nai”, de Curros Enriquez

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



