Lugo 28, maio, 2018. O Ministerio de Fomento vén de ratificar o seu compromiso público e orzamentario para continuar coa execución das infraestruturas proxectadas ou que está a desenvolver tanto na Zona Sur como na Mariña. Así llelo trasladou o secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, aos participantes na reunión desta tarde, quenes estiveron arroupados polo voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro.
Concretamente, Manuel Niño, que foi o que liderou esta xuntanza, a petición de Barreiro, xunto ao director Xeral de Estradas e o xefe de Demarcación de Estradas de Galicia, Ángel González del Río, destacou que existe unha vontade decidida por parte do departamento estatal para continuar co arranxo da N-540 e a A-76. No caso das da Zona Norte, o propio Manuel Niño avanzou que as obras de reparación da N-642 na súa totalidade comezarán antes do verán, ademais continuar no avance dos proxectos para a execución da A-74.
Deste xeito, dáse continuidade ao compromiso impulsado polo Partido Popular e amosado tamén na moción que defenderán no Senado, a través da que piden, precisamente, o compromiso orzamentario nas anualidades que sexan suficientes para que estas vías de comunicación non queden, como xa dixo en días anteriores o propio Barreiro, “a cachos”.
Concretamente, en dita proposta ínstase ao Goberno a proceder cos fondos necesarios o arranxo das estradas da provincia que están en peores condicións, así como o avance nos trámites administrativos para a execución das autovías que vertebrarán a provincia co resto de Galicia, coa Meseta, e incluso co norte de España.
Neste senso, para dar unha maior viabilidade a este compromiso, e a petición do voceiro do PP no Senado, o secretario Xeral de Infraestruturas comprometeuse a manter unha reunión de seguimento cos afectados cada tres meses, sendo a primeira despois do verán.
Por todo elo, José Manuel Barreiro califica “de positiva a xuntanza, na que creo que demos paso para mellorar as comunicacións da provincia e, o que é máis importante, que estamos a cumprir a palabra dada en días pasados diante dos veciños da Zona Sur e da Mariña”.
Estado da estradas da Mariña
No caso da Mariña, a A-74, que vai de Barreiros a San Cibrao, o proxecto do primeiro treito Barreiros-Foz xa se atopa en redacción. Esta importante e demandada arteria de comunicación dispón nas contas deste ano unha partida de máis de 3 millóns de euros que irán destinados á aprobación e redacción dos proxectos para, posteriormente, licitar as obras dos treitos Barreiros-Foz-Burela e para o vindeiro ano case 30 millóns de euros para esta autovía.
No caso da estrada N-642, o importe forma parte dun lote que engloba outras vías das mesmas características na provincia, así como a instalación de novas medias antinéboa para a A-8, e que suma máis de 20 millóns de euros. A este respecto, este ano xa se habilitou unha partida de urxencia de 800.000 euros para reparar aqueles treitos que están en peores condicións. Asemade, noutra orde de investimentos, o voceiro no Senado tamén apuntou que, grazas ao importante paso que se deu coa aprobación das contas, o Estado inxectará 1,3 millóns de euros para a liña de ancho métrico Ferrol-Xixón.
Estado das estradas na Zona Sur
Neste caso, o que demandan os populares é que os Orzamentos do Estado inclúan a dota-ción económica suficiente para seguir impulsando a A-56, cuxo treito San Martiño-A Barrela xa está en obras. No mesmo lote, inclúense os proxectos da variante Norte de Ourense e a A-76. Neste último caso, xa está licitado o contrato para a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos.
En canto ao Orzamento existe unha partida programada de 13 millóns de euros no ano 18 e para o treito da Barrela máis de 10 millóns, aos que hai que engadir outras dúas de 50.000 cada unha para os treitos de Taboada-Narón e Narón-Guntín. Asemade, para a variante de Ourense, a cantidade consignada ascende a 2,5 millóns. Tamén existen unha programación para as anualidades vindeiras. Concretamente, para o ano 19 hai unha proxección de preto de 21 millóns para A-56 e 11 millóns para a variante e Ourense. O intercomunicador de Guntín, que enlazará coa autovía de Santiago, ten este ano consignados 2,5 millóns, no ano 19 cinco millóns e, en 2020 outros 3,5 millóns.
Asemade, destacaron a importancia dos traballos levado a cabo de reparación do firme da N-540, que soporta un volume importante de tráfico e é de extrema necesidade a súa mellora.

























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



