Ata o 6 de maio desenvólvese a campaña do Día da Nai, que organiza o CCA de Foz. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras estes días nos establecementos asociados a ACIA/CCA entrarán no sorteo de 5 vales por importe de 50 euros cada un e de 5 tratamentos de beleza. O sorteo terá lugar o 9 de maio en Radio Foz. Desde o Centro Comercial Aberto focense animan “a realizar as compras do Día da Nai no comercio máis próximo, no que temos a carón das nosas casas, en Foz. Os nosos locais contan con todo o que precisamos para renderlles a homenaxe as nosas nais, nesa xornada tan especial, que se celebra o vindeiro 6 de maio”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



