Ribadeo, 14 de maio de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, manifesta o seu ánimo e apoio ao ancián agredido en Reme, por parte de dous malfeitores que acudiron ao seu domicilio a roubarlle. O rexedor asegura que Ricardo evoluciona ben e que nas vindeiras horas podería recibir a alta hospitalaria. Suárez Barcia traslada unha mensaxe de tranquilidade á poboación, xa que este roubo con agresión é un feito illado, e pide aos veciños e veciñas que si ven actitudes sospeitosas de descoñecidos que as poñan en coñecemento das forzas de seguridade.
O alcalde quixo “trasladar o noso ánimo, o noso apoio a esta boa persoa que é Ricardo, de Reme, por este intento de roubo, e case me atrevo a dicir que de asasinato, que sufriu por parte de dous bellacos, de dous malfeitores, que na tardiña deste venres lle ocasionaron feridas, golpes e cortes na cabeza. Polo que imos sabendo Ricardo está evolucionando favorablemente e é probable que nas vindeiras horas poida volver á súa casa”.
Fernando Suárez engadiu: “quero tamén mandar unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños e a todas as veciñas, especialmente aos das parroquias, aos do rural, que viven sos. Quero dicirlles que aínda que estes feitos son terribles, e son reprobables en si, son uns feitos moi illados”.
O rexedor dixo que “sabemos que ten habido roubos nos últimos anos, pero ningún deles ten sido con violencia. O que non quita que se nalgún momento se perciben actitudes sospeitosas de descoñecidos débeno poñer en coñecemento das autoridades, ben sexa da Policía Local ou da Garda Civil”.
Suárez Barcia manifestou que “esperemos que estes bandidos, que fixeron esta tropelía, sexan apresados polas autoridades e paguen polo que fixeron para roubar uns miserentos 50 euros”.


























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



