A Mariña, 14 de maio de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña presenta tres audioguías ficcionadas sobre os cascos históricos de Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro. Presentan historias ligadas aos espazos polos que discorre cada paseo, que terán unha duración duns 45 minutos. Están protagonizadas polo grupo de teatro Chévere. A iniciativa lévase a cabo grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo, e foi presentada este mediodía en Mondoñedo, pola tarde haberá un acto en Ribadeo ás 17:30 horas, e mañá farase a presentación ás 11:30 horas en Viveiro.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Mariña, Alfredo Llano, manifestou que “esta iniciativa, que foi tomada pola Mancomunidade, consiste basicamente en aportar un método diferenciado para atraer xente e facilitar á que veña aquí a que nos coñeza un pouco máis. Darlle información de primeira man dunha forma, esperemos que moi atractiva e que serva para o que nosoutros pretendemos, que non é outra cousa que potenciar A Mariña en todas as súas vertentes”.
Llano subliñou que “unha das pretensións da que xa temos falado é que A Mariña sexa un atractivo durante todo o ano, que exista fluidez, que veña xente desde xaneiro a decembro, aínda que xa sabemos que a máxima concentración imos atopala nos meses de verán. Esta posibilidade do turismo cultural, deportivo e de todo aquilo que poida interesar, xeoloxía, etnografía, todo aquilo que sexa bo para A Mariña, imos tratar de darlle para adiante”.
O presidente da Mancomunidade explicou que “estas audioguías están gravadas agora mesmo en galego, porque é unha proba o que se vai facer hoxe e mañá. Xa tivemos o outro día un pleno na Mancomunidade no que decidimos ampliar a tradución ao castelán máis ao inglés, e xa veremos se no futuro hai que poñer algún idioma máis. Trátase de facilitar a toda persoa nacional ou internacional esta información e que poida disfrutar destas audioguías, destas visitas teatralizadas”.
Llano engadiu que “hoxe será a presentación e pouco a pouco iremos avanzando onde van estar colocadas e como se van distribuír aos interesados que queiran empregalas. Consideramos que é bo, é unha fórmula que agora mesmo estase empregando en moitos sitios. Os cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro van ser os tres iniciais, pero hai que ter en conta que hai moito que ver en todos os concellos da Mariña, todos teñen algunha singularidade cultural e de todo tipo. Trátase de darlle importancia e esperemos que teñan moi boa acollida tanto nos concellos como na xente que queira empregalas”.
No acto desenvolvido hoxe en Mondoñedo participaron o responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, a alcaldesa da localidade, Elena Candia, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



