Ribadeo, 8 de maio de 2018. O Boletín Oficial do Estado publicou este martes un listado cos 160 propietarios de terreos aos que o Concello non foi quen de localizar para facerlles chegar as comunicacións co obxectivo de que limpen as súas fincas, e deixen unha faixa de protección de 50 metros a carón de vivendas, edificacións ou núcleos de poboación. O alcalde, Fernando Suárez, lembra que o período voluntario remata o vindeiro 31 de maio e engade que son moitos os que están a cumprir coa lei de incendios de Galicia, pero hai outros que están a facer caso omiso ás comunicacións enviadas polo Concello. Barcia insiste en que a Xunta de Galicia non deu resposta ás cartas enviadas polo Concello solicitando a súa colaboración neste asunto.
O rexedor ribadense manifestou que “esta relación de parcelas e de propietarios, aproximadamente 160, que sae publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado, é simplemente seguir traballando na liña na que levamos desde outubro do ano pasado, coa intención decidida de que en Ribadeo se cumpra a normativa no que ten que ver cos incendios forestais, concretamente coa lei de incendios autonómica 3/2007, que xa leva máis de dez anos en vigor”.
Fernando Suárez dixo que “con todas estas instrucións que a Xunta estivo dando, e agora con todo o listado de xente á que lle enviamos os requerimentos en período voluntario, que foron aproximadamente 700, houbo uns 160 máis ou menos que non puidemos notificar porque ou ben non tíñamos datos abondo, porque non estaban correctamente no Catastro, ou porque viñeron devoltas estas cartas, ben por ser descoñecidos os propietarios, estar ausentes, falecidos, etc… Entón decidimos dar un paso de notificación pública a través dun boletín público como é o Boletín Oficial do Estado para que ninguén se chame a equívoco”.
O alcalde ribadense declarou que “estamos facendo todo isto de boa fe, para informar e en período voluntario. Queremos dicir que a partires de final deste mes a cousa vai cambiar, non porque o digamos nós senón porque o di a lei autonómica. A partires desta data enviaranse requerimentos formais a todos aqueles propietarios que fixeran caso omiso a estes remitidos en vía voluntaria que levamos meses facendo, e a partir de xuño enviaremos requerimentos formais cun prazo de quince días naturais para que os propietarios cumpran finalmente as súas obrigas establecidas por lei desde hai máis de dez anos. Se non é así o seguinte paso será ben expedientes sancionadores, ben execucións subsidiarias con repercusión dos custes a estes propietarios”.
Fernando Suárez manifestou: “insistimos e pedímoslle unha vez máis a todos os propietarios de montes, que dalgunha maneira incumpran a lei de incendios no referente á faixa que deben deixar de 50 metros de distancia ás vivendas, ás edificacións ou aos núcleos rurais, que o fagan en período voluntario, e que non o deixen para última hora. Sabemos desde o goberno municipal que hai moita xente que está facendo isto, pero que non o deixen para última hora”.
O rexedor engadiu: “quero dicir outra vez máis que as sucesivas comunicacións que lle enviamos ao presidente da Xunta non obtiveron resposta. Foron remitidas co obxectivo de que el dea as instrucións pertinentes á súa Consellería de Medio Rural, para que en atención á propia lei os técnicos forestais nos axuden chegado o caso en xuño a determinar quen cumpriu e quen non a lei en canto ao retranqueo dos eucaliptos ás vivendas. Esta falla de respostas empézanos a preocupar, é certo que estamos en período voluntario e a Xunta aínda non ten que facer nada, pero a partir do 1 de xuño si que debera ter a coordinación, que anda cacarexando por aí adiante que quere ter. Pois de momento con Ribadeo non a tivo”.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



