Burela, 11 de maio de 2018. O Concello loitará pola construción dun novo pavillón. Así o anunciou o alcalde, Alfredo Llano, despois do encontro mantido hoxe coa arquitecta municipal e co arquitecto encargado de elaborar o proxecto de reforma do Vista Alegre. Os 800.000 euros que habería que investir na reforma non garanten que no futuro a Liga Nacional de Fútbol Sala poida realizar novas esixencias para a participación nesa competición. O rexedor agarda contar coa colaboración da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.
Alfredo Llano declarou que “hoxe, despois dunha reunión que tiven co arquitecto que confeccionou o proxecto de mellora no pavillón Vista Alegre, e falando tamén coa arquitecta municipal, estivemos analizando todo o que pode suceder no futuro se decidimos arranxar o novo pavillón para adaptalo ás necesidades que esixe a Liga Profesional de Fútbol Sala”.
O alcalde comentou que “analizamos o que pode valer, o que pode custar e, sobre todo, os problemas que se van derivar de facer a obra alí porque habería que sacar de dar clases nese espazo, non se podería xogar ao fútbol sala de Primeira División Feminina, non se poderían facer eventos deportivos, ou sexa que nos ía condicionar durante bastante tempo e ía traer uns prexuízos de organización, e de buscar solucións para todo o que hai aí, moi grandes”.
O rexedor subliñou que “a contía do arranxo é bastante elevada, que pode saír entre 750.000 ou 800.000 euros, ademais no futuro non nos van garantir que isto sirva xa dunha maneira definitiva para que o Burela FS puidera xogar na Primeira División con todas as garantías, non hai unha certificación clara de que iso vaia suceder. No mandato dos anos 2007 ao 2011, fixemos unha ampliación acorde coas esixencias daquel momento do que pedía a Liga Profesional para que puideran xogar en Primeira División. Cando rematamos as obras certificaron que valía para xogar en Primeira División, e estívose xogando nesta categoría durante moito tempo”. E engadiu que “agora por esixencias das televisións fan unha nova normativa que debemos cumprir, pois non temos unha seguridade de que arranxando isto no futuro nos vaia servir, igual temos que volver facer obras”.
Para Alfredo Llano “a mellor solución, e así o decidimos hoxe, vai ser loitar por un novo pavillón para Burela. Non soamente pensando no fútbol sala profesional senón pensando nas demandas, nas necesidades, no que realmente nos fai falta en Burela, que é un novo espazo onde poder practicar deporte, que é moi demandando. Pasámolo sempre moi mal para organizar os horarios de todo o que se fai en Burela, dos colexios, dos equipos, dos particulares, etc… Hai moito dinamismo no deporte en Burela e necesitamos un novo pavillón como garantía de que se poden cubrir todas estas necesidades”.
O alcalde de Burela dixo que “aproveitando esta ocasión, imos xa intentar que sexa o antes posible a realidade dun novo pavillón. Posiblemente fagamos un concurso de ideas. Despois imos calcular cal é a contía dunha instalación que sexa válida tanto para a práctica deportiva como para un evento que poidamos traer a Burela no eido cultural, de exposicións, etc… En canto saibamos o prezo imos tratar de facer convenios, que xa o falei na Deputación e coa Xunta. Entre a Xunta, a Deputación e o Concello de Burela temos que conseguir un novo pavillón aproveitando esta cuestión do fútbol sala, pero sobre todo pensando nas necesidades de Burela, para que isto sexa unha realidade o antes posible”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



