Lourenzá 11-5-18. A través dunha reunión mantida en Santiago de Compostela coa Asociación de GDRs de Galicia, o GDR-1 Terras de Miranda tivo coñecemento dunha produtora de televisión, PYRENE PV que realiza a serie FOGONES TRADICIONALES para Canal Cocina, que xa gravaron anteriormente nos territorios doutros GDRs de Galicia, coa que se puxo en contacto o presidente do GDR-1 D. Vidal Martínez-Sierra López para amosarlles o interese en que este programa se realizara no noso territorio pola riqueza gastronómica que hai no mesmo, cuxos fines coinciden plenamente coas actuacións levadas a cabo pola Asociación dentro do programa Leader 2014-2020, no que á valorización dos produtos do territorio se refire.
Así a participación nesta serie, na que nun fogar de leña se recollen os guisos e postres tradicionais do territorio. A gravación foi este xoves 10 de maio no Pazo de Tovar, en Lourenzá.
As receitas que se van a elaborar son as seguintes:
• Catro receitas de forno:
1. Pan caseiro
2. Empanada
3. Costela de porco asada con mel e mostaza
4. Lacón asado
• Catro receitas de lume de leña:
1. Fabas con bacalao e grelos
2. Fabas con polo caseiro
3. Guiso de setas con patacas, panceta e chourizo
4. Chulas